Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo municipal socialista leva ao pleno deste mes unha moción de Unións Agrarias solicitando medidas para revitalizar un rural que, din, está abandonado pola Xunta

08/11/2017 O grupo municipal socialista presentará no pleno ordinario do vindeiro 16 de novembro unha moción contra o abandono do medio rural galego e instando ao goberno da Xunta a desenvolver un decálogo de iniciativas dirixidas a potenciar o rural, que en Santiago supón o 20%...

ROLDA DE PRENSA

O grupo municipal socialista presentará unha proposición ao pleno deste mes solicitando a construcción dunha rotonda na rúa Restollal, á altura da intersección con Rosa Pardo

06/11/2017 O grupo municipal socialista presentará no pleno do vindeiro 16 de novembro unha proposición solicitando a creación dunha rotonda na rúa do Restollal á altura da intersección coa rúa de Rosa Pardo. O seu voceiro, Paco Reyes, compareceu esta...

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes denuncia o escaso nivel de execución no capítulo de investimentos no primeiro semestre do ano

02/11/2017 O voceiro socialista, Paco Reyes, denunciou esta mañá o escaso nivel de execución nos investimentos que se recolle na liquidación do primeiro semestre do ano, e que non chega ao 9%. Aínda que o concelleiro matizou que se trata de catro meses reais -os orzamentos...

ROLDA DE PRENSA

O grupo municipal socialista presentará unha moción ao pleno de novembro reclamando que os bloques de vivendas da Campsa, en Conxo, se inclúan no Plan de Ascensores

31/10/2017 O voceiro socialista, Paco Reyes, acompañado de varios veciños da zona, anunciou esta mañá a presentación, por parte do seu grupo, dunha moción para o seu debate no pleno do vindeiro 16 de novembro solicitando unha serie de melloras na zona do parque Ponte...

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista solicita a comparecencia en comisión da concelleira de Emprego para avaliar o primeiro ano do plan municipal e para respostar unhas preguntas sobre a EPA

30/10/2017 O grupo municipal socialista pedirá a comparecencia da concelleira de Emprego, Marta Lois, na comisión de Facenda e Presidencia para respostar a unha serie de preguntas que preocupan fondamente aos socialistas unha vez coñecidos os datos da EPA. Nomeadamente, e segundo anunciou...

NOTA DE PRENSA

Gonzalo Muíños solicita a instalación de puntos de luz nas sendas do Sar e Sarela e que estean adaptados ao entorno

27/10/2017 O concelleiro socialista Gonzalo Muíños anunciou a presentación dun rogo por parte do seu grupo municipal para o pleno ordinario do vindeiro mes de novembro, no que solicita a instalación de puntos de luz nas sendas do Sar e do Sarela.


ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes destaca a materialización da senda verde, unha iniciativa impulsada polo grupo socialista que será aprobada polo pleno da Deputación deste vernes

25/10/2017 O voceiro socialista, Paco Reyes, amosou esta mañá a súa satisfacción e a do seu grupo polo que será a materialización dun proxecto acordado con Compostela Aberta para os orzamentos de 2017, e finalmente asumido pola Deputación Provincial: a senda...

ROLDA DE PRENSA

O grupo municipal socialista cualifica os orzamentos autonómicos de 2018 como os do "ninguneo" a Santiago

23/10/2017 O voceiro socialista, Paco Reyes, valorou esta mañá os orzamentos da Xunta para o vindeiro exercicio de 2018, cualificándoos como "os do ninguneo, unha vez máis, a Santiago de Compostela" e na liña, polo tanto, de anos anteriores. Para Reyes, as contas...

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes denuncia que Compostela Aberta non teña convocado ata o momento once dos catorce consellos municipais de participación que funcionaron ata 2011

19/10/2017 O voceiro socialista, Paco Reyes, denunciou esta mañá en rolda de prensa que Compostela Aberta está incumprindo o que foi un dos puntos estrela do seu programa electoral: a participación. A este respecto, o edil asegurou que de 14 consellos municipais existentes,...

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista presenta unha moción reclamando melloras nos accesos ao centro sociocultural de Santa Marta, o uso da sala Magán para a AVV e un parque biosaúdable

18/10/2017 O grupo municipal socialista presentará a este pleno unha moción solicitando unha serie de actuacións en Santa Marta, froito dunha recente reunión con representantes desta entidade veciñal. Entre outras cuestións relativas á mellora dos accesos ao...
filiate
suscrición



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org