Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista amosa o apoio á folga dos traballadores do 112 polo traslado á Estrada, e denuncia que esta decisión confirma que a Xunta de Feijoo só resta a Santiago

24/04/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, amosou o apoio, en nome do seu grupo municipal, á folga dos traballadores do 112 en contra do seu traslado de Compostela á Estrada, ao tempo que denunciou os numerosos problemas que teñen xurdido nestas datas co novo servizo. O concelleiro socialista asegurou que despois de 25 con alcaldes socialistas "gañando posicións", os últimos seis anos -catro do PP e dous de CA-, son de perdas, como o 091, a intermodal que mudaron por un intercambiador, agora o 112 e, polo que parece, tamén van perder o 061. Reyes afirmou que o Goberno do Núñez Feijoo non só non aporta para esta cidade, senón que resta, e engadiu que, ante todo o acontecido, "é unha evidencia que o alcalde da Estrada ten máis peso político que o de Santiago de Compostela".

Paco Reyes amosou, unha vez máis, o seu apoio aos traballadores do 112 contra o traslado á Estrada e, nesta liña, destacou que dito traslado, entre outras cuestións, afecta ás súas condicións laborais, como a merma do 14% que suporá nuns soldos que "no mellor dos casos son mileuristas". O concelleiro emprazou á Xunta -que é a que tomou a decisión do traslado e non a empresa que xestiona o 112- a negociar cos empregados, ao tempo que criticou os numerosos fallos xurdidos por empregar un programa informático que non está rematado e para o que non foron formados os traballadores. Tamén subliñou os retrasos producidos polo traslado e denunciou a "falta de respecto da Xunta co dereito de folga", e que propiciou mesmo un auto corrixindo os servizos mínimos e situándoos nun 80%, o primeiro día, en un 60%, o segundo. Mesmo lembrou que o traslado do 061 e do 112 á Estrada foi obxecto dunha denuncia ante a Valedora do Pobo, con 11.238 sinaturas -a máis numerosa de 2016-, que amosou as súas dúbidas sobre se o proceso da Xunta foi o máis axeitado.
Para o voceiro do PSdeG-PSOE, despois de 25 anos gañando posicións grazas á xestión realizada por alcaldes socialistas, nestes seis anos -catro co PP e dous con CA- Santiago está perdendo. Primeiro, dixo, coa centraliña do 091, logo coa intermodal que mudaron por un intercambiador, agora co 112 e en breve semella que tamén co 061. Así mesmo, afirmou que a Xunta de Feijoo, "a diferenza doutros Gobernos galegos", non só aporta a Santiago, senón que "lle resta clarísimamente", ao tempo que dixo que "o alcalde da Estrada ten máis peso político que o alcalde de Santiago".

HERDANZA
Por outra banda, o voceiro socialista referiuse á licitación de dúas parcelas, unha delas en Romero Donallo e a outra no Camiño Francés, valoradas en tres millóns e un millón, respectivamente, que suporán uns ingresos para as arcas municipais de catro millóns de euros. Como dixo o edil, trátase da consecuencia das xestións realizadas, neste caso polos gobernos socialistas, que incrementarán notablemente os fondos municipais.
"Tanto que lle gosta falar a CA da herdanza, que tamén falen disto", dixo Reyes, que destacou tamén que se sumamos estas cifras coas de sentenzas, " o saldo sae claramente en positivo para o Concello", con máis de dous millóns de diferenza.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org