Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Os socialistas afirman que os pregos para o servizo dos Centros Socioculturais son "claramente mellorables" e piden a Compostela Aberta que modifique algúns dos seus puntos

16/05/2017

O grupo municipal socialista considera que os pregos coas cláusulas para a subcontratación do servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de centros cívicos do Concello de Santiago son "claramente mellorables" e, así, reclamaron que o grupo de goberno leve a cabo unha serie de modificacións. Para o voceiro socialista, Paco Reyes, "cando un le os pregos non ve ese modelo do que tanto falou Compostela Aberta en pleno, xa que non son moi diferentes aos do Partido Popular". "Ademais, son máis farragosos e non moi comprensibles dende o punto de vista técnico", asegurou o concelleiro.

Para o grupo socialista, os pregos deben ser modificados nunha serie de puntos, comezando polo párrafo 3 da páxina 2, que di que as empresas que presenten as propostas deben evitar unha excesiva orientación ao público infantil e ao da terceira idade. "Pensamos que esta consideración é, polo menos, desafortunada" e, polo tanto, os socialistas piden que se faga unha modificación de erros e se retire.
Outro dos puntos que critica o grupo municipal é a propia subcontratación que, como acontecía co PP, promoven cun carácter xeral empregos de baixa calidade. "O normal sería que se contratase e non subcontratase", dixo Reyes, que destacou que, como tamén denuncian os sindicatos, as horas para o persoal subrogado son inferiores en máis de 4.000 ás contempladas e, polo tanto, preguntou o que pasa con dito persoal. "Non se vai subrogar?", plantexou o edil.
Reyes denunciou a desparición da listaxe de persoal laboral (cunha maioría de autonómonos) e subliñou que os pregos esixen que o persoal de informática sexa subcontratado con outra empresa. A este respecto, afirmou que esta situación xera unha gran vulnerabilidade neste colectivo.
Así as cousas, os socialistas piden, como tamén fixeron, entre outros, os representantes dos traballadores, que o goberno local rectifique e modifique estes pregos nos puntos citados, entre outros.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org