Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes pregunta polo plan de prevención de incendios para este verán e reclama a limpeza da maleza do río Sarela

19/06/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, interesouse polo plan de prevención de incendios no municipio, tanto no que atinxe ao Concello como á Xunta, que é que ten as maiores competencias neste eido. Reyes, que se solidarizou coas vítimas do devastador incendio desta fin de semana en Portugal, anunciou que o seu grupo municipal presentará unha pregunta ao pleno de xullo sobre esta cuestión, ademais dun rogo sobre a necesidade de limpar a maleza que cubre o leito do río Sarela na zona de Carme de Abaixo.
Reyes amosou unhas fotografías da zona de Carme de Abaixo que constatan a situación na que se atopa o río Sarela, nunha "invasión" de maleza no seu leito. Como explicou o concelleiro socialista, é necesario que leven a cabo os traballos de limpeza nestas datas de verán, xa que, de non facelo, cando cheguen as chuvias existirá un máis que elevado risco de inundacións. A este respecto, rogará instar á Augas de Galicia a que leve a cabo os traballos de dragado do río.
Por outra banda, o voceiro do PSdeG-PSOE preguntou ao grupo de goberno -e así tamén irá ao pleno ordinario do mes de xullo- polo plan de prevención desenvolvido durante este ano en materia de loita contra incendios. A este respecto, e malia recoñecer que é a Xunta a que ten as maiores competencias na materia, o edil socialista quere saber qué colaboración ten existido, ou existe, entre as administracións e que plans de accións se teñen promovido para evitar lumes como os de ano pasado por estas datas, nun ano no que ten chovido moi pouco e, polo tanto, o risco semelle extremadamente elevado.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org