Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Os socialistas asumen as reivindicacións e necesidades de persoal e melloras na seguridade da Comisaría trasladadas polos representantes da Unión Federal de Policía ao grupo

23/06/2017

Despois dunha xuntanza con representantes da Unión Federal de Policía, o segundo sindicato en representación en Santiago, o voceiro socialista, Paco Reyes, anunciou que farán súas unha serie de demandas que ten este colectivo con respecto á Comisaría local. As necesidades de persoal centran boa parte destas reclamacións foron xa solicitadas polo grupo socialista hai só uns meses.

Por unha banda, e tal e como lle fixeron chegar aos representantes sindicais, o voceiro socialista reclama unha comisión permanente de 50 funcionarios das Unidades de Intervención Policial en Santiago, sobre todo tendo en conta a importancia turística da cidade. Ademais, e neste eido, Reyes lembrou que é necesario incrementar o persoal un 40%, e a este respecto, tal e como lle trasladaron os representantes da Unión Federal de Policía, unicamente hai un zeta pola noite.
Así mesmo, pediu que se facilite unha zona de estacionamento no plan VADO, igual que ten o profesorado das proximidades da comisaría. En canto ao propio edificio, os representantes sindicais fixeron chegar aos socialistas -no encontro estiveron os edís Paco Reyes e Gonzalo Muíños- a necesidade de mellorar o sistema se seguridade no seu acceso, xa que o que hai na actualidade atópase despois da cúpula de cristal -polo que pode acceder calquera persoa-, e non conta con escáner nin arco.
Paco Reyes sumouse ás reivindicacións da Unión Federal de Policía e, a este respecto, lembrou que non hai moito os socialistas presentaran unha moción en pleno para acadar estas melloras, moi necesarias para garantir a seguridade dos propios efectivos, en particular, e do conxunto da cidadanía, en xeral.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org