Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

A Xunta resposta aos socialistas que detectou deficiencias na vertedoiro de Grixoa e que vai levar a cabo un estudo olfatométrico para determinar a orixe das molestias

28/07/2017

A responsable parlamentaria socialista de Medio Ambiente, Patricia Vilán, e o voceiro do grupo municipal, Paco Reyes, compareceron esta mañá en rolda de prensa para informar das preguntas formuladas na Cámara galega trasladando a preocupación da veciñanza de Grixoa sobre determinadas actividades e cheiros no vertedoiro de residuos non perigosos na canteira de Miramontes e da recente resposta da Xunta ao respecto. Estas iniciativas foron tramitadas despois dunha primeira reunión de representantes veciñais co grupo municipal socialista, e unha segunda, xa no Parlamento, na que se sumaron aos concelleiros do PSdeG-PSOE, os deputados Xoaquín Fernández Leiceaga -voceiro- e a propia Patricia Vilán e acordaron elevar unha serie de preguntas ao responsables galegos do PP.

Na mesma, o Executivo autonómico constata que nunhas inspeccións ambientais non periódicas levadas a cabo en maio -realizadas, segundo todo apunta, grazas á denuncia veciñal- detectáronse unha serie de deficiencias, "cuxa subsanación foi requirida á empresa". Na resposta engaden que non se decarta a apertura, se procede, dun expediente sancionador, ademais de anunciar que dende a Dirección Xeral de calidade Ambiental instouse a dita empresa a presentar un estudo olfatométrico para determinar a posible responsabilidade da instalación na produción das molestias denunciadas.
Patricia Vilán, que subliñou que esta resposta foi "forzada" a través do regulamento do Parlamento porque o PP non atendía as máis de 300 preguntas socialistas, anunciou que o seu grupo seguirá interesándose por este tema, xa que o Executivo galego non puntualiza qué deficiencias son as que se detectaron e para coñecer o resultado do estudo olfatométrico. Ademais, darán traslado dun xeito inmediato ás veciñas e veciños de Grixoa da resposta da Xunta. Tanto Vilán como Reyes coincidiron en destacar os resultados que se acadan cando os grupos políticos -neste caso o municipal e o parlamentario- traballan coordinadamente coa veciñanza.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org