Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O voceiro socialista pide ao goberno local que abra expediente informativo á empresa Cidadanía para clarificar o motivo polo que houbo unha fuga de datos persoais

02/08/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, solicitou ao goberno local que abra un expediente informativo á empresa Cidadanía -contratada por Compostela Aberta para a asistencia técnica na posta en marcha dos orzamentos participativos do ano 2017- co obxectivo de clarificar o motivo polo que se produciu unha fuga de datos, plasmada na suplantación de identidade para apoiar proxectos en, polo menos, dous casos. Para o concelleiro, esta decisión debería ter sido adoptada xa polo grupo de goberno unha vez coñecido o caso porque, como dixo, é necesario coñecer a qué se debeu dita fuga.

Paco Reyes criticou al alcalde, Martiño Noriega, por tratar de desviar a atención, poñendo en cuestión se a oposición está a favor ou non dos orzamentos participativos, xa que, como subliñou, o que se está a denunciar agora é unha fuga de datos e a suplantación de identidade en, polo menos, dous casos, para apoiar proxectos. Aínda así, o voceiro lembrou que non só a posta en marcha de orzamentos particitivos -nun 20% do total, nomeadamente- estaba incluido no programa electoral socialista, senón que xa houbo experiencias con esta fórmula durante gobernos con alcalde do PSdeG-PSOE. Iso di, matizou, "nunha foron como neste mandato, porque nunca se privatizaron", en referencia á contratación precisamente a esta empresa, Cidadanía, para levar a cabo o proceso.
O máximo responsable do grupo municipal socialista referiuse ao prego de prescripcións técnicas para a contratación desta asistencia técnica, onde se esixe, entre outros puntos, que a empresa adxudicataria debe "fornecer os servizos TIC necesarios para a participación online e a dinamización das asambleas"; que se garanta a transparencia e igualdade no acceso á información; ou a inclusión de controis de verificación e seguranza na xestión da inscripción de participantes. Así mesmo, no apartado de confidencialidade e tratamento de datos, Reyes informou de que o prego di que "as persoas que interveñan na execución do contrato que teñan acceso aos datos de carácter persoal que obren no Concello estarán obrigados a manter secreto a respecto dos mesmos, e a utilización de ditos datos efectuarase con estrita observancia do disposto no Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal; e no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da citada lei. A adxudicataria deberá comunicar o establecido no apartado anterior a todo o persoal que interveña na execución do contrayo, e responderá de todos os danos e prexuízos que sexan consecuencia do incumprimento de calquera das obrigas establecidas, por sí mesma ou por parte do persoal que acceda á información en virtude da relación coa adxudicataria".
Polo tanto, como sinalou o voceiro, neste documento -ratificado na acta da mesa de contratación- quedan de manifesto as obrigas e responsabilidades da empresa, que se recollen tamén no prego de claúsulas administrativas. Neste, dise que "será obligación do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen, por si ou por persoal ou medios dependentes do mesmo, a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato", así como que o contratista será responsable igualmente dos danos e prexuízos que se originen durante a execución do contrato, tanto para a administración como para terceiros, por defectos ou insuficiencias técnicas do seu traballo, ou polos erros materiais, omisións e infraccións de preceptos legais ou regulamentarios nos que o traballo incorra, de acordo con establecido no artigo 305 da TRLCSP".
Pero é que, ademais, o mesmo prego cualifica como infraccións moi graves o incumprimento da lexislación vixente en materia de confidencialidade de datos persoais (sen prexuízo das responsabilidades que pudiesen derivarse para a contratista), con multas de contía non superior aos 30.050,60 euros ou a resolución do contrato (opción esta última xa imposible neste caso).
Polo tanto, para os socialistas a apertura dun expediente informativo á empresa, que semella ser a primeira responsable, debe ser unha obriga para o grupo de goberno local.

FESTAS
Por outra banda, Paco Reyes anunciou que o seu grupo municipal pedirá por escrito un informe detallado dos gastos das festas do Apóstolo, incluidos os gastos menores derivados das mesmas, indicando que ata o dagora unicamente tiveron acceso a unha parte

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org