Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Reyes denuncia que o matadoiro municipal estea sen contrato, unha vez que rematou o actual sen convocatoria do novo e sen prórroga á cooperativa que o levaba

03/08/2017

A mala xestión, e dun xeito especial nos servizos públicos, é unha das principais críticas que vén facendo o grupo municipal socialista dende o inicio do presente mandato a Compostela Aberta e esta mañá sumáronse dúas novas situacións. A primeira, o remate da concesión do matadoiro municipal, sen que se teña nin prorrogado nin convocado novo concurso, e a segunda, o feito de que a cafetería de Granxa do Xesto sega pechada e cunha convocatoria realizada o pasado 16 de xuño, o que deixa dende setembro do pasado ano sen servizo esta área que en verán ten unha importante de público.

Precisamente a competencia de Mercados é unha das que se modificaron na recente remodelación do grupo de goberno realizada polo alcalde, Martiño Noriega, pasando de Marta Lois e Noa Morales, polo que, como dixo o voceiro socialista, Paco Reyes, a situación na que se atopa na actualidade o matadoiro municipal é "unha das primeiras consecuencias deste cambio". Como explicou en rolda de prensa, a pasada semana remataba o prazo para poder prorrogar o contrato á cooperativa de carniceiros que levaba a súa xestión e, polo tanto, na actualidade o servizo se está a prestar sen contrato, xa que tampouco está convocado o novo.
"Estamos, unha vez máis, ante outro servizo sen contrato pola mala xestión do goberno local", afirmou para Reyes, que engadiu que funcionará a través de recoñecementos extraxudiciais de crédito. "Como é posible que que non se teña resolto nin se teña prorrogado, como permite o contrato?", preguntouse o voceiro socialista.
En segundo lugar, o concelleiro lembrou que a cafetería de Granxa do Xesto leva case un ano pechada -nomeadamente, dende o pasado mes de setembro- e, malia que se ubica nun espazo moi visitado en épocas de bo tempo -e así foi denunciado polos socialistas polas datas de Semana Santa-, a realidade é que a convocatoria do concurso foi publicada o 16 de xuño. Así, o que semella é que todo este verán estará pechado "pola mañan xestión de Compostela Aberta".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org