Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Reyes advirte dunha nova prórroga da ORA a Setex Aparki e solicita ter acceso a un escrito de Doal no que supostamente renuncia ao servizo e pide unha indemnización

04/08/2017

O grupo municipal socialista vén de rexistrar a solicitude de acceso ao escrito presentado por Doal a principios desta semana referente ao contrato da ORA e guindastre; un documento do que tivo coñecemento o voceiro do PSdeG-PSOE, Paco Reyes, pero que descoñece o seu contido exacto agás que semella que a empresa renuncia á prestación do servizo e reclama unha indemnización substitorio que algunhas fontes cifran en 700.000 euros. Como afirmou Reyes nunha rolda de prensa celebrada esta mañá, se isto é así, estaremos diante doutra "xenialidade de xestión de Compostela Aberta pola que teremos pagado dúas veces polo mesmo servizo".

Ademais, o concelleiro criticou que o grupo de goberno acordase na última reunión da xunta de goberno prorrogar de novo a Setex Aparki, dende hai máis dun ano sen contrato, para prestar dito servizo durante un período de tres meses máis. Así, se rematasen eses tres meses e despois dunha sentenza que dixera que non pode prestar servizo por incumprir os pregos, esta empresa levaría dous anos prestando a ORA e o guindastre en Santiago sen contrato, cobrando e non pagando o canon ao Concello
"Nunca unha empresa que incurmpriu os pregos e as súas obrigas tivo tan extraordinaria fonte de negocio como Setex Aparki con Compostela Aberta", asegurou Paco Reyes.

CONXO
Na mesma rolda de prensa, o voceiro socialista altertou da necesidade de desbroce en Conxo de Arriba, con zonas nas que a maleza provoca situacións de elevada perigosidade, como nalgunha curva de estradas desta zona que non teñen visibilidade. Reyes indicou que se trata de fincas privadas, polo que instou ao goberno local a requerir de forma urxente aos seus propietarios que as limpen, ou ben que se encargue o propio Concello de facelo de oficio e logo se lle reclamen os gastos a ditos propietarios.
O concelleiro asegurou que os veciños xa se teñen dirixido ao goberno local en varias ocasións, sen que ata o momento recibiran resposta algunha, polo que incidiu nesta demanda. Tamén reclamou que o Concello poña unha placa da rúa en Conxo de Arriba, xa que ata o dagora o que existe é unha manufacturada pola propia veciñanza da zona.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org