Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista urxe o desenvolvemento do Plan Estratéxico de Comercio Local e reclama a aprobación este ano dun calendario de actuacións en promoción do sector

09/08/2017

O grupo municipal socialista urxe o desenvolvemento do plan estratéxico do comercio local 2017-2021 e, a este respecto, reclama a aprobación antes de Nadal dun calendario de actuacións en promoción comercial na cidade e a realización, como mínimo, dunha actividade ao mes de impacto no sector, financiadas integramente durante o primero ano polo Concello. Para o voceiro socialista, Paco Reyes, a situación esixe ditas medidas posto que, como amosou con imaxes de 131 (de máis de 200 que posúe) locais baleiros, o número de baixos sen actividade "non é asumible nin aceptable".

A este respecto, o concelleiro demandou a actualización do censo de locais, posto que o último data de 2011. No mesmo, estaban contabilizados un total de 1.173 locais baleiros e, destes, 133 disponibles. Como destacou, só coas fotografías que fixo el nestes días o número pasaría amplamente dos 200 e, de feito, asegurou que a cifra de 131 amosados nas imaxes amosadas na rolda de prensa desta mañá, habería que multiplicala por once. Non hai que esquecer, como subliñou Reyes, que segundo o Instituto Galego de Estatística, entre os anos 2011 e 2014 a diferenza en Santiago entre negocios abertos e pechados foi negativo nun total de 588.
Así as cousas, o voceiro socialista asegurou que "temos un serio problema que debe poñerse enriba da mesa" e, fronte a esta realidade, criticou, no que se refire a políticas municipais dirixidas a este sector, que no orzamento de 2017 a cantidade foi un 20% inferior á do último ano de goberno de alcalde socialista e que na liquidación do orzamento de 2016 quedou un 18% sen executar.
Polo tanto, e dado que foi aprobado, co apoio e participación do grupo municipal socialista, dun plan extratéxico do comercio local para 2017-2021, urxe poñelo en marcha, tendo en conta para iso cál é o público ao que se debe dirixir: residentes en Compostela, residentes na área de influencia de Santiago (o triángulo formado Ribeira, Melide e Lalín, cunha poboación de máis de 450.000 persoas) e os turistas.

Paco Reyes apostou, como medidas para desenvolver, polos súper de proximidade, polos centros comerciais abertos, polo uso de ferramentas de xeolocalización (sobre todo para turismo), por subvencionar a promoción comercial e aplicar programas específicos para manter os negocios históricos, e por traballar no aproveitamento de espazos baleiros (para o que, como dixo, o primeiro que hau que facer é actualizar o censo).
A fidelización é outra das tarefas pendentes, con especial incidencia nos universitarios e nos traballadores da cidade que residen en municipios limítrofes.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org