Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Reyes destaca a resolución da Valedora instando ao goberno local a cumprir a lei na porcentaxe de reserva de prazas na oferta pública de emprego, tal e como denunciaba o PSdeG

10/10/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, informou esta mañá da resolución da Valedora do Pobo relativa a unha denuncia realizada polo grupo municipal socialista á Oferta Pública de Emprego (OPE) de Compostela Aberta, advertindo de que non se respectaba a porcentaxe que esixe a lei para persoas con discapacidade. Pois ben, a Valedora actuou de oficio e o grupo de goberno resposta que acatará en vindeiras convocatorias dita resolución e, polo tanto, as porcentaxes que marca a normativa vixente sobre reserva de prazas para persoas con diversidade funcional serán de obrigado cumprimento -incluso en promoción interna-, ademais de comprometerse a desbotar termos como os de minusválidos. Para Reyes, isto confirma que o grupo socialista "non está para poñer paos nas rodas", ao tempo que lamenta que CA non asuma a resolución da Valedora na presente convocatoria. Na rolda de prensa desta mañá, o concelleiro socialista tamén falou de datos de turismo e do aeroporto de Lavacolla.

O edil Paco Reyes referiuse, en primeiro lugar, aos datos de barómetro da rendabilidade en destinos urbanos do primeiro cuatrimestre, que reflexan que o ingreso medio por habitación é de 23,2 euros, mentres a media sitúase en 55,9 euros. Polo tanto, a rendabilidade en Santiago é inferior á metade da media estatal, o que constitúe un "serio problema", a xuízo de Reyes.
En canto aos datos de Urbantur de 2016, que publica Exceltur, indican, con respecto ao último de 2012, que o destino de Compostela baixou postos en numerosos apartados, quedando no ránking xeral no noveno -é dicir, un por debaixo que en 2012-. Así, Reyes citou algúns, como o turismo de familia, con catro postos menos; o gastronómico, onde baixamos nove postos; o de afluencia social e congresos, con cinco; a estadía media, con 13 postos por debaixo; proxección social, con seis; ou a dotación de wifi gratuita, con unha baixada de tres postos con respecto a 2012.
Por outra banda, o voceiro do PSdeG-PSOE abordou as cifras de turismo do primeiro semestre, afirmando que "non hai récord" e subliñando que, con respecto ao ano Xacobeo de 2010, hai unha baixada do 16,5% en viaxeiros, dun 34% en pernoctas e dun 14,8% en estadía media, quedando "moi lonxe das dúas noites".
Para Reyes, é evidente que hai xente na cidade, pero "existen moitas cosas nas que traballar", sobre todo no que se refire a fixar en Compostela o turismo de calidade.
Tampouco son satisfactorios para os socialistas os datos de tráfico aeroportuario, xa que, como explicou, mentres que entre xaneiro e xuño Lavacolla experimentou un incremento do 6,8%, foi claramente inferior ao da media estatale das outras terminais galegas, que subiron un 10%, no caso de Vigo, e un 9,2%, no da Coruña. Tamén no balance de operacións Lavacolla queda lonxe de outros aeroportos, xa que subiu un 1% fronte a media nacional do 6,2% e os 11% da Coruña e o 9,2% de Vigo.
En canto ao número de viaxeiros da Terminal local, Reyes informou de que foron en seis meses 1.237.994, sumando entre os tres de Galicia 2.267.341 pasaxeiros. Fronte a estes datos, o concelleiro deu os de Sá Carneiro de Porto, cunha cifra de 5.018.000 viaxeiros e un incremento do 18,5% sobre 2016. Aínda que, como destacou o edil, este aeroporto é co que se compara o de Santiago, ofreceu os datos doutra Terminal dunha cidade máis pequena que a de Porto, como é Faro, onde nos seis primeiros meses de 2017 houbo máis de tres millóns de viaxeiros.
Diante do que Reyes considera unha política aeroportuaria "inexistente" da Xunta de Galicia, os socialistas de Santiago reclaman chegar a un acordo con Sá Carneiro, o que "ten que ser o noso aliado"; avanzar na autonomía da xestión do noso aeroporto, de modo que se poideran baixar as taxas, nomeadamente en temporada baixa; incrementar as conexións directas con Madrid; e "aceptar a nosa moción" e outorgar as concesións pertinentes para poñer en funcionamento as lanzadeiras de conexións coas cidades galegas.

CORTE SAN FRANCISCO
Preguntado sobre o cumprimento dun mes da peonalización dun tramo de Xoán XXIII, o voceiro socialista asegurou que, "unha vez máis, tomouse unha decisión que pode ser boa, pero sen pensar nas diferentes afectacións que podería ter". Referíase a xente que vive no casco histórico ou exactamente no perímetro do mesmo que teñen un serio problema para acceder ben ao aparcamento público -que asegurou que baixou a súa ocupación nun tercio neste mes- ou ao garaxe das súas vivendas -Entrerríos-, así como a xente que non vive pero si traballa no casco histórico. "Hai xente que está perdendo quince minutos máis para poder deixar o coche e acceder ao seu posto de traballo", dixo Reyes, que engadiu que estes problemas hai que resolvelos xa, posto que, ademais, vanse facer máis profundos co comezo do curso, con dous colexios e varias facultades na zona afectada.
Así mesmo, apuntou que o cruce da xente que ven de San Francisco para Pelamios vai seguir cruzando directamente. "Todos os intentos de desvío ao paso de peóns situado xunto ao parking público teñen fracasado ata o momento", dixo o concelleiro, que pensa que hai que marcar un paso e peóns nese punto. Para marcar o casco histórico, afirmou, ten que facerse con pedras de cor diferente, como acontece noutras cidades similares.
Con todo, Reyes non rexeita avaliar que se manteña a peonalización deste tramo de San XXIII, se ben puntualizou que "non é a rúa de San Pedro". "A necesidade de peonalización de Xoán XXIII non é a mesma que en San Pedro, onde hai unha vida de barrio, onde existen moitos comercios e hostalería isto non acontece en Xoán XXIII, que ten como principal perigo ese paso que non está recoñecido como un paso natural de peóns. Iso é o que hai que resolver", apuntou.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org