Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Reyes urxe a reparación do muro da rúa París, no barrio de Fontiñas, aprobado no pleno do pasado mes de maio

07/09/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, instou esta mañá ao goberno local a cumprir un acordo plenaria de maio deste ano relativo ao arranxo do muro da rúa París, no barrio de Fontiñas. Para Reyes, a situación na que se atopa é "claramente perigosa", xa que non hai que esquecer que o muro atópase preto dun centro escolar.

Para Paco Reyes, que teñan pasado catro meses sen que o goberno local o reparase non só amosa o pouco respecto de Compostela Aberta aos acordos plenarios, senón que tamén constitúe outro claro exemplo da falta de mantemento da cidade.
Así, o concelleiro socialista esixe ao Concello que leve a cabo o arranxo deste muro "á maior brevidade posible", máis aínda cando vai comezar o curso escolar e o perigo será maior, xa que este muro da rúa París está no camiño ao CEIP As Fontiñas.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org