Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Paco Reyes afirma que os malos datos do verán de Lavacolla amosan que "hai cuestións que non funcionan das políticas de Compostela Aberta e da Xunta de Galicia"

13/09/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, asegurou esta mañá que os datos que se veñen de coñecer relativos ao tráfico aeroportuario amosan que "hai cuestións que non funcionan das políticas de Compostela Aberta no Concello e da Xunta de Galicia", en referencia á baixada de case un 2% en pasaxeiros.
Reyes tamén citou os datos do número de operacións, que afecta ao de pasaxeiros, cunha baixada do 9%, fronte ao incremento do 3,3% do conxunto do Estado ou, no caso de Galicia, fronte a unha subida do 2,6% en Peinador.
Para o voceiro socialista, resulta necesario revisar as políticas de promoción e de rutas con base ás "low cost", subliñando a este respecto que terminais que apostaron forte por estas compañías, como é o caso de Girona ou de Reus, teñen experimentado crecementos do 15,4% e 22,3%, respectivamente.
Reyes criticou a Compostela Aberta pola ausencia de políticas e iniciativa para impulsar Lavacolla. Así, preguntou "qué pensa facer CA con respecto á absoluta parálise do Comité de Rutas" ou "ónde está a petición do Concello á Xunta para poñer en marcha as lanzadeiras". Tamén puxo de manifesto a importancia de incrementar o número de conexións con Madrid co obxectivo de aumentar en enlaces, como fixo Valencia gañando máis de 200; a necesidade de plantexar unha rebaixa das taxas en tempada baixa, como Palma de Mallorca; ou de chegar a un acordo con Sá Carneiro para que os pasaxeiros que cheguen a Oporto visiten Compostela, pernocten na cidade e poidan regresar ao seu punto de orixe dende Lavacolla.
O concelleiro amosou a preocupación do grupo socialista por estes datos, que veñen constatar os sinais de alarma destes últimos meses.
Finalmente, Reyes lembroulle á Xunta que o acumulado dos seis primeiros meses do ano dos tres aeroportos galegos é de 2.267.000 pasaxeiros, en Sá Carneiro superou os cinco millóns.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org