Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista pregunta pola situación na que se atopa o contrato de xestión do Matadoiro Municipal

15/09/2017

O grupo municipal socialista preguntará no pleno ordinario, que terá lugar o vindeiro xoves, día 21, pola situación na que se atopa actualmente o contrato que ten o Concello coa empresa Compostelana de Carnes, a que era concesionaria do contrato de xestión do Matadoiro Municipal ata o pasado 19 de xullo. Ademais, e con respecto a unha débeda pendente por parte de empresa que apunta un informe da Tesourería, con data de 22 de febreiro deste ano, e que considera vinculante para poder facer unha prórroga de dito contrato, os socialistas preguntan se aínda está pendente, ao tempo que se interesan polas medidas que o goberno local pensa poñer en marcha para garantir o servizo e xestión do Matadoiro.
Por outra banda, o o grupo socialista tamén no pleno do xoves presentará un rogo, relativo ao estado dun inmoble en ruínas, a piques de carer e cheo de pintadas, na entrada á cidade cara a rotonda da Galuresa, na entrada pola avenida Antonio Fraguas. Para este grupo, dita imaxe non é a mellor porta de entrada á cidade que é capital de Galicia.
Por isto, sumado á perigosidade do inmoble polo seu mal estado, os socialistas solicitan ao goberno local que se interese por este expediente urbanístico e requira ao propietario a solución, á maior brevidade posible, do mesmo.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org