Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes solicita a comparecencia da Xerencia da Área Sanitaria ante o Consello Municipal de Saúde para informar sobre asuntos estratéxicos para a cidade

18/09/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, solicitou a comparecencia da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago ante o Consello Municipal de Saúde para dar conta dalgúns temas que son de vital importancia para a cidade, como o centro de saúde de Conxo, o Plan Director, o peche e mantemento ata ese momento -denunciou a caída de parte do teito durante este verán- , a ampliación do Clínico oa a construcción da Facultade de Medicina. Xa que, como dixo, a Consellería de sanidade negouse a crear os Consellos de Saúde, o organismo axeitado para informar destes temas é o consello municipal, retomado a petición dos socialistas e integrado polos axentes sociais e económicos da cidade. Reyes tamén referiuse na rolda de prensa desta mañá á sentenza que considera cobro indebido aos veciños os desperfectos dos vados, lembrando que o fallo vai na liña do exposto polo grupo socialista, que agarda dende hai máis dun ano e medio pola redacción dunha ordenanza específica de vados.
Para Reyes, resulta fundamental a comparecencia da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago para informar dunha serie de cuestións extratéxicas e/ou decisivas e importantes para a cidade e por iso solicita que o faga ante o organismo que está cualificado e representado polos axentes políticos, sociais e económicos da cidade: o Consello Municipal de Saúde.
Ademais de informar ao consello de temas como o Plan Director, a ampliación do Clínico ou as cen camas que se pretenden abrir no Médico Cirúrxico de Conxo, entre outros, o concelleiro socialista reclamou información sobre os prazos que Sanidade manexa para o peche do Gil Casares e para un posible traslado, ademais de interesarse polo mantemento do centro hospitalario. A este respecto, lembrou que este verán houbo desprendementos no teito en Paliativos, no pasillo de Paliativos a Psquiatría e no vestiario dos celadores -con caída mesmo dunha lámpara- que, aínda sen danos persoais, supuxeron un risco claro para traballadores e doentes.
En outra orde de cousas, Reyes falou taméjn da sentenza que di que o cobro ás comunidades dos desperfectos na zona dos vados non é conforme a dereito e, polo tanto, son indebidos. Para o edil, dito fallo xudicial vai na mesma liña que o defendido e no seu día denunciado polo grupo socialista, que mesmo presentara unha moción en marzo de 2016 na que, ademais, pedían a elaboración dunha ordenanza de vados e que se devolveran os cobros realizados. Aínda que esta moción foi aprobada, "quedou arquivada no caixón dos asuntos pendentes", dixo Reyes, que aconsellou ao goberno local que "de cando en vez" atenda ao que lle di a oposición, neste caso o grupo municipal socialista.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org