Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O PSdeG valora a execución do proxecto de Triacastela e lembra que se trata dun acordo reclamado en moción en 2016 e para facilitar a aprobación do orzamento de 2017

19/09/2017

O grupo socialista valorou esta mañá a aprobación do proxecto para solventar o desnivel da rúa Triacastela e, así resolver o problema de mobilidade e conectar o sur de Fontiñas coa cidade histórica; unha iniciativa que, como lembraron os concelleiros desta formación política, resposta, en primeiro termo, a unha moción presentada e aprobada en xaneiro de 2016 e, en segundo, incluido dentro do acordo asinado con Compostela Aberta para os orzamentos correspondentes a 2017.

Para os socialistas, o cumprimento deste acordo constata a necesidade de que, nalgúns casos como nos orzamentos, resulta necesario achegar propostas e esixir actuacións importantes para a cidade, como é este caso, a cambio de facilitar a aprobación de ditos documentos -cos orzamentos de 2017, o paquete de medidas acordadas con Compostela Aberta supuxo a abstención do PSdeG-.
Para o grupo socialista, a resolución do grave problema de mobilidade da rúa Triacastela era prioritario porque, ademais, que se trata do punto de acceso para moita veciñanza -persoas maiores, en moitos casos- do sur de Fontiñas ao casco histórico. De feito, en xaneiro de 2016 xa presentara unha moción ao pleno instando ao goberno local a iniciar "á maior brevidade posible, o procedemento para solucionar os importantes problemas da rúa Triacastela".
Coa negociación dos orzamentos de 2017, o grupo socialista retomara este tema, que non fora atendido malia ser aprobado en pleno, incluindo a súa execución nun paquete de actuacións e medidas postas enriba da mesa como condición "sine qua non" para facilitar a aprobación dos mesmos.
Agora, o equipo de goberno vén de presentar en Comisión de Casco Histórico o proxecto de construcción dun ascensor, que polo tanto, será executado en vindeiras datas e porá fin a unha demanda dos representantes veciñais e viandantes desta contorna.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org