Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Muíños alerta da situación de abandono na que prosigue a zona de Cornes

29/09/2017

O concelleiro socialista, Gonzalo Muíños, alertou da situación na que se atopa a zona de Cornes e lembrou que hai uns meses -en xuño- o seu grupo presentou unha moción que fora aprobada para levar a cabo unha serie de medidas -entre elas, o desbroce e coidado da contorna, como o lavadoiro, ou o control do aparcadoiro e velocidade pola que pasan os vehículos- e o estado segue a ser o mesmo.
Aínda que o grupo de goberno levou a cabo o desbroce da zona poco despois da aprobación por parte do pleno da moción presentada polo grupo municipal socialista, o certo é que non voltaron a Cornes e a maleza xa está de novo invadindo determinados espazos, como acontece co lavadoiro.
O edil Gonzalo Muíños denunciou esta situación e instou a Compostela Aberta e asumir, "dunha vez por todas", as tarefas de mantemento en toda a cidade, e neste caso concreto, en Cornes.
E se no que se refire aos desbroces o goberno local executara unha primeira actuación coa aprobación da moción, non aconteceu o mesmo no que atinxe ás reclamacións sobre o tráfico e os aparcadoiros. Así, Muíños lembrou que os coches seguen circulando a velocidade excesiva, ademais de seguir mal aparcados e con coches doutros barrios -facendo que os residentes, arredor de cen, nesta zona teñan que buscar praza noutros lugares da cidade-, polo que reclamou do goberno local que, se non o fai por convecimento, polo menos solucione estos problemas porque así foi aprobado en sesión plenaria hai tres meses.
Hai que lembrar que nesa moción, o grupo socialista pedía tamén un plan de urbanización para a zona, que precisa diferentes actuacións dunha forma urxente.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org