Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista presenta un rogo instando á Xunta a instalar unha marquesina en Roxos

29/09/2017

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños anunciou hoxe a presentación no vindeiro pleno de outubro un rogo no que se insta á Xunta a instalar unha marquesina na contorna da Capela e o campo da festa de Roxos. Como dixo, trátase dunha actuación urxente porque na actualidade, doce nenos e nenas de idades comprendidas entre os tres e os oito anos collen o bus para acudir ao CEIP de Roxos e non contan cun espazo seguro e no que resgardarse mentres agardan ao bus.

O grupo municipal socialista advirte da perigosidade que para estes pequenos supón o que non haxa un espazo habilitado para agardar o bus escolar, e por iso, respostando a unha demanda veciñal e, dun xeito particular, das nais e pais destes doce rapaces, instará á Xunta, a través dun rogo a presentar no pleno ordinario de outubro, a colocar unha marquesina na zona.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org