Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Gonzalo Muíños denuncia a situación de precariedade na que se atopa a xestión das pistas de pádel e tenis de Sar

03/10/2017

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños denunciou esta mañá a situación de "precariedade" e sen contrato na que se atopa a xestión das pistas de pádel e tenis de Sar, unha vez que o contratao expirou o 13 de outubro de 2016. Muíños subliñou que este baleiro legal preocupa moito ao grupo municipal, non só no que refire á participación no consello de administración de Xade -empresa que se encarga da xestión do multiusos e destas pistas dende 2011-, senón, e sobre todo, con vista aos usuarios ante a posibilidade de que aconteza algún accidente.

Para o edil, a situación, da que é coñecedor o alcalde dende o primeiro minuto, é moi grave, crea inseguridade xurídica e amosa, unha vez máis, a deixadez do grupo de goberno, que mantén tamén sen contrato o Matadoiro Municipal, ou mantivo durante moito tempo na mesma situación os centros socioculturais. Ademais, Gonzalo Muíños asegurou que Noriega comprometérase a solventar a situación, sen que ata o momento teña feito ao respecto absolutamente nada.
Como se recordará, o goberno socialista levou a cabo a execución de tres pistas de pádel e unha de tenis, que quedaron rematadas a finais de 2011 e, cunha mellora consistente en construir dúas pistas de pádel máis, a concesión foi adxudicada a Xade por cinco anos. Este contrato, no que non había a opción nin de prórroga, rematou o 13 de outubro de 2016, sen que ata o momento se teña resolto unha situación totalmente irregular.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KARATE
Ademais, nunha rolda de prensa celebrada ás portas das pistas de pádel, o concelleiro socialista advertiu de que o 18 de novembro se celebrará un Campionato de España de Karate, similar ao que tivo lugar en 2010 e que xuntou na cidade a máis de 3.000 persoas, e que o mesmo terá no lugar no Multiusos na mesma data na que está previsto un partido do Obradoiro fronte ao Tenerife.
Muíños alterou desta situación para que se poida solucionar e ambas citas deportivas poidan desenvolverse con normalidade. Como dixo, non se pode renunciar a celebrar un campionato que deixa moitos beneficios á cidade, polo que reclamou unha solución.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org