Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Muíños acusa a CA de "falta de transparencia" por non incluir na orde do día do consello de administración de Tussa os informes solicitados sobre o parking de Xoán XXIII

06/10/2017

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños denunciou a "falta de transparencia" do grupo de goberno local, ao non incluir na orde do día, nin na documentación, do Consello de Administración de Tussa celebrado a presentación do informe dos datos de ocupación do parking de Xoán XXIII durante os meses de prohibición de acceso por esta vía, xunto cos rexistrados no mesmo período do pasado ano 2016.

Como se recordará, o grupo municipal socialista rexistrara o pasado 5 de setembro, despois de que en xullo o goberno local decidira restrinxir o tráfico en San Francisco e prohibira o acceso ao aparcadoiro Xoáb XXIII a través de dita vía, unha solicitude de convocatoria dun consello de administración extraordinario da empresa municipal Tussa co obxecto de que o presidente informara "dos datos rexistrados desde a adopción desta medida, comparando os mesmos meses dos anos anteriores". Así mesmo, solicitábase informe "da posible afectación económica a longo prazo de continuar con esta decisión".
Pois, como denunciou o concelleiro Gonzalo Muíños, membro do Consello de Administración de TUSSA en representación do grupo municipal socialista, o goberno local non convocou ata hoxe dito consello de administración -celebrado ás 13 horas desta xornada-, que ademais é ordinario, e na orde do día do mesmo non se inclúe punto ningún relativo a estas solicitudes. Tampouco na documentación que se achegou van estes informes que, aínda que a medida se teña modificado, son de importancia e deben ser dados a coñecer á cidadanía e, dende logo, ao grupo que os reclamou, o socialista.
O edil, ante esta situación, solicitou de novo os documentos no apartado de rogos e preguntas, e acusou a Compostela Aberta de actuar, unha vez máis, con "falta de transparencia".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org