Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Gonzalo Muíños denuncia que o muro da rúa París do barrio de Fontiñas segue sen ser reparado polo goberno local

06/10/2017

Un mes despois da rolda de prensa do voceiro socialista, Paco Reyes, o concelleiro do mesmo grupo Gonzalo Muíños denunciou a situación na que segue un muro da rúa París, no barrio de Fontiñas, sen que se teña reparado por parte do grupo de goberno, nin se "atisbe" solución a curto prazo ao respecto.

Muiños subliñou que teñen pasado xa cinco meses da aprobación plenaria desta actuación sen que o goberno local o reparase, no que vén sendo outro claro exemplo da falta de mantemento da cidade.
Así, o concelleiro socialista esixe ao Concello que leve a cabo o arranxo deste muro "á maior brevidade posible", máis aínda cando xa comezou o curso escolar e por esta zona pasan a diario moitos nenos e nenas, xa que este muro da rúa París está no camiño ao CEIP As Fontiñas, co perigo que conleva.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org