Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes destaca a materialización da senda verde, unha iniciativa impulsada polo grupo socialista que será aprobada polo pleno da Deputación deste vernes

25/10/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, amosou esta mañá a súa satisfacción e a do seu grupo polo que será a materialización dun proxecto acordado con Compostela Aberta para os orzamentos de 2017, e finalmente asumido pola Deputación Provincial: a senda verde que discorrerá polos municipios de Santiago, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda, nun total de 36,5 kilómetros aproveitando un antigo camiño do ferrocarril en desuso. Reyes lembrou que esta é unha vella reivindicación dos socialistas, que acadaran o apoio do grupo de goberno local a través dos remanentes dos orzamentos deste ano, pero que, despois dunha reunión celebrada hai meses entre o grupo municipal e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado da comarca, Antonio Leira, acadou o compromiso da institución provincial.

Será este venres cando o pleno da Deputación aprobe a redacción dos proxectos para levar a cabo esta ambiciosa actuación, que se convertirá na senda verde de máis lonxitude de Galicia, con 36,5 kilómetros. En total, o investimento que se empregará na elaboración dos proxectos ascenderá a 40.000 euros, e a intervención podería comezar en novembro do vindeiro ano 2018.
Paco Reyes amosou a satisfacción do grupo municipal socialista por esta noticia, ao tempo que agradeceu ao presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a súa implicación e aposta pola senda verde, que atravesará os municipios de Santiago, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda, aproveitando un antigo camiño do ferrocarril, xa en desuso. O voceiro socialista agarda agora que a Xunta "asuma súa parte, plasmando nos orzamentos" partidas para unha senda que, asegurou, suporá o desenvolvemento do turismo rural e ecolóxico tanto no concello compostelán como nos outros polos que discurrirá.

LUDOTECA
Por outra banda, Reyes referiuse á ludoteca de Fontiñas, un proxecto, como subliñou, dos últimos da etapa como alcalde do socialista Sánchez Bugallo. Despois de varios anos sen avances por parte do goberno do PP e nestes dous anos de CA, semella que agora a súa apertura pode estar cerca. Así, o concelleiro destacou o labor realizado pola Deputación do socialista González Formoso para axilizar a posta en funcionamento dun equipamento moi necesario para o barrio de Fontiñas, confiando entón en que os pequenos problemas de accesibilidade -que serían o único que resta para a súa apertura- sexa solventado polo Concello á maior brevidade posible.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org