Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Gonzalo Muíños solicita a instalación de puntos de luz nas sendas do Sar e Sarela e que estean adaptados ao entorno

27/10/2017

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños anunciou a presentación dun rogo por parte do seu grupo municipal para o pleno ordinario do vindeiro mes de novembro, no que solicita a instalación de puntos de luz nas sendas do Sar e do Sarela.

O edil indicou que se trata dun camiño moi utilizado pola veciñanza, que xa ten denunciado a inseguridade de pasear por unha senda que non conta con alumeado. Ademais, Muíños destacou o feito de que esta fin de semana muda a hora, polo que a seis da tarde xa é de noite.
Por iso, os socialistas presentarán un rogo reclamando que o goberno local instale á maior brevidade posible puntos de luz e, a este respecto, o concelleiro Gonzalo Muíños puntualizou que ditos puntos deben estar adaptado ao entorno, como acontece noutras rutas de Galicia.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org