Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista solicita a comparecencia en comisión da concelleira de Emprego para avaliar o primeiro ano do plan municipal e para respostar unhas preguntas sobre a EPA

30/10/2017

O grupo municipal socialista pedirá a comparecencia da concelleira de Emprego, Marta Lois, na comisión de Facenda e Presidencia para respostar a unha serie de preguntas que preocupan fondamente aos socialistas unha vez coñecidos os datos da EPA. Nomeadamente, e segundo anunciou o voceiro, Paco Reyes, o grupo quere saber o número de parados de longa duración e de moi longa duración en Santiago, o número de familias que teñen a todos os seus membros en paro, a porcentaxe de poboación ocupada en situación de pobreza relativa e o salario medio dos menores de trinta anos que acceden a un posto de traballo.

Para o concelleiro socialista, os datos que se veñen de coñecer son demoledores e constatan que o desemprego é a máxima preocupación para os socialistas, e "debería selo" tamén para o grupo de goberno, oa que tamén lle pide que presente a avaliación do primeiro ano de aplicación do Plan de Emprego do Concello. Así, Reyes destacou que mentres que o paro ten diminuido (con respeco ao ano pasado) na Coruña, Lugo, Pontevedra e Ferrol, no resto das cidades, entre elas Santiago, incrementouse. No caso de Compostela, nun 0,2%.
Ademais, en Santiago hai un total de 8.500 persoas no paro, e case mil mulleres máis que hai un ano. No caso da afiliación á Seguridade Social, produciuse unha baixada en traballadores de 30 a 40 anos, e os contratos temporais no mes de setembro de 2017, segundo o Servizo Público de Emprego, constitúen, nada máis e nada menos, que o 92,2% do total.
Por todo isto, o grupo municipal socialista solicita a comparencia en comisión de Facenda e Presidencia da concelleira de Emprego, Marta Lois, ao tempo que denuncian o feito de que en 2016 quedaran sen executar partidas por un importe de 1,5 millóns de euros en Fomento do Emprego.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org