Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños solicita no pleno a través dun rogo a instalación de puntos de luz no acceso aos vestiarios e campo de fútbol de Conxo

10/11/2017

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños dirixirase no pleno do vindeiro xoves, día 16, para solicitarlle, a través dun rogo, que o goberno municipal leve a cabo as actuacións correspondentes para instalar puntos de luz nos accesos ao campo de fútbol e vestiarios de Conxo, tal e como veñen reclamando as persoas usuarias dende a reforma deste equipamento deportivo, hai máis dun ano.

Muíños lembra que dende que o campo de fútbol de Conxo foi obxecto dunha actuación de reforma -como se lembrará, a obra foi entregada ao Concello en xuño de 2016- as familias dos rapaces e rapazas que utilizan esta instalación veñen denunciando a falta de puntos de luz nos seus accesos, así como aos vestiarios, unha carencia que se fai especialmente notoria co cambio de hora.
A perigosidade provocada pola ausencia de alumeado público fíxose máis patente o outro día, como denunciou o concelleiro socialista, cando un neno cortouse e tivo un esguince debido precisamente á falta de visibilidade.
Precisamente estas demandas xa foran recollidas por este grupo municipal en setembro de 2016, a través dun rogo, á vista das queixas das familias dos rapaces, e agora volta ao pleno ante a falta de resposta.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org