Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista denuncia un apagón na rúa das Trompas

14/11/2017

O voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, denunciou o apagón durante toda a tarde e noite do sábado na rúa das Trompas; apagón que, malia ser informado ao Concello, non foi resolto na xornada.
O concelleiro indicou que a rúa das Trompas estivo sen luz dende a tarde do pasado sábado e a madrugada, o que non só afectou a dita rúa, senón tamén ao parking de Belvís. Segundo dixo, o persoal do aparcadoiro chamou ao Concello para informar da incidencia e que se procedese á súa solución, sen recibir resposta ningunha.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org