Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Os socialistas presentan emendas aos orzamentos da Xunta por un importe de 21 millóns de euros

15/11/2017

Os voceiros parlamentario e municipal, Xoaquín Fernández Leiceaga e Paco Reyes, respectivamente, compareceron esta mañá en rolda de prensa para presentar as emendas aos orzamentos da Xunta de 2018. En total, son propostas que suporían un total duns 21 millóns de euros e que son froito do traballo conxunto e a colaboración entre os dous grupos. Para Leiceaga, as contas do PP para Santiago supoñen un "compromiso moi insuficiente coa cidade".

Nunha rolda de prensa conxunta, Xoaquín Fernández Leiceaga e Paco Reyes presentaron as trece emendas que se van tratar de incluir nos Orzamentos á Xunta de 2018, que se van votar precisamente nestes días. En total, as partidas ascenden a uns 21 millóns de euros e se corresponden con actuacións que ou ben non contan coa cantidade suficiente, non teñen partida ningunha ou mesmo non aparecen nin o epígrafe. A este respecto, o voceiro do grupo municipal socialista citou proyectos como o parque comarcal de bombeiros, a rehabilitación de vivendas en Compostela, a nova Escola Oficial de Idiomas, a ampliación do Conservatorio Oficial de Idiomas, o Plan Director do CHUS (que nin aparece), o centro de saúde de Conxo (que o mesmo xerente do Sergas dixo que non se vai facer) ou a escola infantil de Santa Marta.
Para Reyes, que ademais destacou a importancia de incrementar partidas para a EDAR, o Consorcio ou a Capitalidade para chegar aos niveis que considera aptos para as necesidades cidadás, as emendas son realistas e totalmente asumibles polo goberno do PP.
Pola súa banda, Leiceaga asegurou que as partidas para Compostela son un reflexo máis da "escasa ambición" das contas en termos xerais, que non recollen a recuperación económicas destes últimos anos. Tamén criticou o escaso grao de cumprimento na execución, que leva a que se repitan partidas deste ano porque non foron gastadas.
Como exemplo, o voceiro parlamentario puxo a variante de Aradas, que conta cun compromiso orzamentario para este ano, pero se trata dunha actuación qur tiña que estar rematada hai seis anos.
Ademais de esquecer proxectos "clave para a cidade" -os que mencionou Paco Reyes-, os orzamentos da Xunta inclúen partidas de dubidoso cumprimento, como, dixo, os cinco millóns para a nova facultade de Medicina, que non figura con cantidades en exercicios posteriores e repiten a mesma partida que en 2017, ou a EDAR, á que cualificou como "o exemplo claro dunha xestión extremadamente ineficaz". A este respecto, afirmou que destinar medio millón de euros dunha intervención que suporá un investimento total de 70 millóns, é "ridículo", ademais de subliñar que tampouco aparecen partidas posteriores.
Polo tanto, rematou, estamos ante "un compromiso moi insuficiente con Santiago".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org