Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista esixe actuacións de urxencia na Pontepedriña, sobre todo a raíz do derrubo na tarde de onte dunha fachada na rúa Samos

23/11/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, esixiu ao goberno local unha actuación de emerxencia en Pontepedriña, nomeadamente no ARI das vivendas de Cardenal Quiroga; intervención que o concelleiro considera que debe tramitarse como situación de emerxencia a raíz do derrubo dunha fachada na tarde noite de onte nun inmoble na rúa Samos. Reyes lembrou que o ARI nesta zona foi declarado en 2008, pero malia os estudos realizados, no se ten desenvolvido en todos estos anos.
Para o voceiro do grupo socialista -concelleiros que esta mañá visitaron a zona na que onte se derrubou a fachada-, o acontecido pon de manifesto "unha situación de abandono" e obriga ao goberno local a actuar de emerxencia.
Reyes explicou o acontecido onte, co desprendemento da estrutura perimetral, o revestimento e a aparición de fendas noutros muros do inmoble, que non só pon en perigo aos veciños e veciñas deste edificio da rúa Samos, senón que case caen enriba dunha avoa e a súa neta, posto que se sitúa moi próximo ao centro sociocultural e se trata dunha zona moi transitada e na que aparcan moitos vehículos para deixar ou recoller a nenos e nenas de actividades. "Estamos ante unha situación de moito risco", dixo o concelleiro socialista, que lembrou as numerosas iniciativas desenvolvidas polo seu grupo relativas ás melloras e rehabilitación de Pontepedriña. A útlima, como destacou, o pasado 18 de abril, concretada nun rogo ao pleno instando ao goberno local a desenvolver o ARI no grupo de vivendas de Cardenal Quiroga.
"As actuacións neste barrio xa non poden continuar á espera, xa que nos atopamos ante unha situación de emerxencia", afirmou Reyes, que engadiu que malia contar coa declaración de ARI dende 2008, "non se está a facer nada".
Así, insistiu na necesidade de intervir "xa" para non só reparar o inmobel afectado, senón todos os que se atopan nun estado similar e, polo tanto, están en perigo de derrubo.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org