Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

"O anteproxecto de orzamentos de 2018 é o que mellor evidencia que o PSdeG ten un proxecto de cidade e que é realista, factible e viable", asegura Paco Reyes

14/12/2017

O voceiro socialista, Paco Reyes, realizou esta mañá a primeira valoración do anteproxecto de orzamentos municipais presentados o martes pola concelleira de Facenda, María Rozas. O concelleiro manifestou, en primeiro lugar, que no que se refire aos gastos, o anteproxecto de 2018 é o que mellor plasma e evidencia que o PSdeG ten un proxecto de cidade e que é "realista, factible e viable". Extremo, dixo, que ten levado a Compostela Aberta a incluir "moitas das nosas propostas". Pero se isto poñen os socialistas nun dos lados da balanza, no outro deixan catro consideracións que cuestionan dese capítulo, ademais de criticar os "deberes que quedaron por facer", no relativo ás taxas e a unha necesaria baixada do tipo do IBI, ou á necesidade de abordar capítulos como o de Persoal, de especial importancia para este grupo.

"Este anteproxecto é o que mellor evidencia que o grupo municipal socialista ten un proxecto de cidade e que é realista, factible e viable, o que ten levado a CA a incluir moitas das nosas propostas". Así o asegurou esta mañá Paco Reyes, que realizou unha primeira valoración sobre o anteproxecto de orzamentos presentado o pasado martes pola concelleira de Facenda. O edil valorou este aspecto, mais subliñou que neste capítulo de gastos hai cuestións que precisan de resposta por parte dos responsables municipais, como o feito de que se reña reducido un 22% a partida de comercio -sector clave para a dinamización da cidade-, preto dun 10% o mantemento de centros escolares ou un 23% nos servizos complementarios de educación, así como que non se incrementara nin un euro o destinado aos centros socioculturais malia contar cun inmoble máis (Romaño). Tamén cuestionou o incremento nun 3,3% na asistencia social primaria, preguntando se esta suba garantirá a eliminación das listas de espera na atención domiciliaria, unha das peticións máis importantes das plantexadas polos socialistas. "Queremos ter a seguridade de que se vai cumprir con este punto", dixo Reyes.
Noutro lado da balanza, o voceiro do PSdeG situou unha serie de cuestións que se tiveron en conta por parte do grupo de goberno, e que xa non se poden modificar con vista ao vindeiro exercicio. Referíase, nomeadamente o concelleiro socialista, ao capítulo de ingresos e, dun xeito máis específico, á non atención dunha moción presentada por este grupo instando ao Concello a modificar a taxa por servizos eléctricos, telefonía e bancos, cobrando ás multinacionais que "apretan ás economías domésticas familiares medias e traballadoras" -a través dunha taxa á telefonía móbil, caixeiros e eléctricas-, ou á non baixada do tipo do IBI. A este respecto, Paco Reyes destacou que era factible baixar o tipo para compensar a suba do valor catastral do "catastrazo" de Aznar, que suporá un incremento o vindeiro ano do recibo e que, cunha baixada do tipo do IBI, non afectaría aos petos da cidadanía.
E, sobre o que aínda é posible de subsanación, Reyes referiuse a persoal, afirmando que neste Concello existe un problema "moi importante". O voceiro informou de que o seu grupo solicitou a RPT para coñecer polo miúdo a situación e porque existen falta de efectivos en áreas como a Policía Local, Bombeiros ou na Oficina de Vivenda e Rehabilitación -fundamental para o desenvolvemento das ARIS-.
Finalmente, o voceiro falou do "problema de fondo" co que se atopa o grupo de goberno, que é o nivel de execución orzamentaria e, a este respecto, Reyes asegurou que o grupo municipal socialista estará "obviamente" vixiante porque "non podemos estar nos niveis de execución que se están registrando dende 2011".
Paco Reyes anunciou que o sentido do voto do grupo municipal socialista será comunicado en primeiro lugar ao grupo de goberno antes de facer público o seu posicionamento.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org