Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo municipal socialista pregunta se o goberno local vai poñer en marcha medidas correctoras para mellorar o posto 114 de 141 do ranking de transparencia de cidades españolas

19/12/2017

A cualificación do Concello de Santiago no ranking estatal de Sielocal (portal de transparencia económica), realizada pola Universidade Rey Juan Carlos, será obxectodunha pregunta escrita do grupo municipal socialista. O seu voceiro, Paco Reyes, compareceu esta mañá en rolda de prensa para informar de que este Concello se atopa no posto 114 das 141 cidades de máis de 50.000 habitantes e que, agás Ferrol, é das urbes galegas a que presenta un peor resultado no cumprimento da Lei de Transparencia.

A mala situación do Concello de Santiago neste estudo de aplicación da Lei de Transparencia, no que se avalían catro bloque que recollen un total de 55 items, leva ao grupo municipal socialista a presentar unha pregunta na que, por escrito, queren saber o que non se está a cumprir (o estudo non indica a puntuación por item, senón o índice de transparencia final), as razóns polas que non se está a facer e, sobre todo, qué medidas se van poñer en marcha dende o grupo de goberno para corrixir esta situación.
Reyes explicou que este test recolle un bloque de Información institucional, organizativa e de planificación; outro de información xurídica; un terceiro de información económica, orzamentaria e estatística; e un bloque de solicitude de acceso á información. En total, o índice de transparencia do Concello de Santiago de Compostela é de 2,41, non "aprobando" (o mesmo que Ferrol, que está nun 2,22) posto que a puntuación máxima é de 5. O resto de cidades galegas superan o 2,5.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org