Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista reclama ampliar as axudas a todos os ARI e o desenvolvemento íntegro dos plans

27/12/2017

O voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, reclamou esta mañá o desenvolvemento íntegro dos ARI e non só nos apartados que vén de aprobar o goberno local e que se refiren fundamentalmente á instalación de ascensores. O concelleiro lembrou que o pleno aprobou unha proposición socialista relativa a este punto, ao tempo que subliñou a necesidade de ampliar estas axudas a todos os ARI da cidade. Así mesmo, lembrou que hai uns meses tamén foi aprobada polo pleno unha moción socialista instando ao goberno local a incluir nestas subvencións para a instalación de ascensores as coñecidas como vivendas da Campsa, en Conxo.
Para o grupo municipal socialista, o que se vén de aprobar la Xunta de Goberno do pasado venres é necesario, pero claramente insuficiente, tanto no que se refire ao tipo de axudas -que pensan que se teñen que ampliar e non limitarse á instalación de ascensores e mellora da eficiencia enerxética- como nos ámbitos -consideran que se deben incluir todas as ARI da cidade-. Deste xeito, como subliñou Paco Reyes, cumpriríase o acordo plenario do pasado 21 de decembro, no que se aprobou por unanimidade unha proposición socialista sobre estas cuestións.
Pero é que, ademais, existe otra moción, presentada igualmente polo grupo do PSdeG e aprobada hai uns meses, reclamando que as vivendas da Campsa, no barrio de Conxo, foran incluidas nesa liña de axudas para a súa rehabilitación e instalación de ascensores, sen que ata o dagora exista resposta positiva ningunha.
Finalmente, os socialistas reclaman ao grupo de goberno local que busquen a fórmula para financiar as partidas dos anos anteriores nos que non se fixeron as convocatorias correspondentes e, polo tanto, perdéronse as axudas da Xunta e do Goberno central.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org