Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista presenta un escrito solicitando ao goberno local que este ano celebre de novo a homenaxe ás vítimas do Holocausto o 27 de xaneiro

09/01/2018

O grupo municipal socialista a través do seu voceiro, Paco Reyes, vén de rexistrar un escrito no que lembran o acordo plenario de xaneiro de 2017 de adhesión ao Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, e solicita que este ano pola mesma data, o 27 deste mes, se leva a cabo unha homeaxe a todas as vítimas. Ademais, pide que se adopte o lema promovido polas Nacións Unidas para este ano: "Memoria e Ensino do Holocausto: a nosa responsabilidade compartida".
Como apunta Reyes no escrito dirixido ao alcalde, nesta data conmemorativa o que se pretende é lembrar o que foi o maior crime cometido na historia da humanidade por un Goberno, coa complicidade e o silencio do resto baixo o medio e o terror. Así, durante o nazismo foron exterminados discapacitados, xudeus (entre catro millóns e medio e seis millóns), rusos (máis de catro millóns), distintos grupos relixiosos, homosexuais, presos común, partisanos, brigadistas e grandes grupos de persoas de etnia xitana.
Na moción socialista, aprobada o 19 de xaneiro de 2017, se solicitaba que o Concello se sumase á conmemoración do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocasuto na data do 27 de xaneiro e que, de maneira singular, foran lembrados sempre os máis de 10.000 españois que sufriron e morreron nos campos de exterminio nazis, os exiliados e todos aqueles que foron deportados ou perseguidos polas súas ideas.
Este ano, baixo o lema "Memoria e ensino do Holocausto: a nosa responsabilidade compartida", Nacións Unidas tenta resaltar a dimensión universal do Holocausto, ao tempo que pon o acento en que a educación sobre esta traxedia debería fomentar o rexeitamento total na humanidade ante todas as manifestacións de racismo, violencia e antisemitismo.
O grupo municipal socialista confía en que o Concello realice esta homenaxe, como así foi aprobado o pasado ano, o 27 de xaneiro.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org