Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Reyes cuestiona a autocomplancia do grupo de goberno na avaliación de afluencia de xente e de visitas á cidade durante o Nadal

11/01/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, amosou a súa sorpresa pola "autocomplacencia" amosada polo grupo de goberno na avaliación da afluencia de xente e visitas á cidade durante as festas de Nadal. A este respecto, citou como datos que dan pé a cuestionar esta valoración o feito de que pechara durante uns días un hotel como o San Francisco, que se contratara menos persoal que outros anos ou que representantes do sector do comercio cualificaron como "moderadas" as ventas durante ditas datas. Para o edil, esta autocomplancia errada tamén pode trasladarse ao aeroporto, que con data 30 de novembro, creceu sobre o ano pasado, pero moito menos que a media estatal e por debaixo das outras terminais galegas. Oporto segue despuntando e sendo, como afirmou, "o grande aeroporto de Galicia".
Cun programa orientado en exclusiva á cidadanía compostelá e, polo tanto, que non tivo ese "efecto chamada, senón máis ben o de saída", a realidade foi, segundo o voceiro socialista, que moita xente visitou outras cidades, como Vigo, que malia as críticas contra o alcalde, Abel Cabellero, polo alumeado, finalmente cumpliu o obxectivo e tivo nas súas rúas milleiros de visitantes para ver as luces e, de paso, consumir e facer compras.
"Se o que se quería en Santiago con este programa era promocionar a cidade e promover o comercio e a hostalería local, non se conseguíu", afirmou Reyes, que dixo que nin a comarca nin o interland formado polo triángulo Ribeira-Melide-Lalín se achegaron a Compostela para pasear e facer as súas compras de Nadal.
Tampouco ese optimismo pode levarse ao aeroporto, cun crecemento no acumulado ata o 30 de novembro na6metade da media estatal -en Lavacolla foi do 4,4- e tamén menor ao de Alvedro -case un 8%- e Peinador -11,6%-. En operacións, o mesmo, cunha suba en Santiago de só o 0,5%, fronte o 6,2% estatal e os 4,1 da Coruña e o 8,3% de Vigo.
Máis aló diso, Sá Carneiro segue sendo, en palabras do concelleiro socialista, "o grande aeroporto de Galicia", con cifras neste caso de récords sen paliativos, xa que pecharon o ano con máis de 10 millóns e medio de pasaxeiros. Para os socialista, a situación non se poderá modificar ata que se solucionen os problemas detectados, como o das conexións con Madrid ou a falta de lanzadeiras entre Lavacolla e as principais cidades galegas.
E á espera do informe de 207 de Cetur, o que se sabe de 2016 é que o gasto dos turistas e excursionistas en Santiago é inferior a 2015 e moito menor que en 2010 (56,29 euros en 2016 e máis de 70 euros en 2010), ou que baixaron as compras nun 60% e o ocio nocturno (sempre falamos de visitantes) en catro puntos.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org