Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Reyes traslada a preocupación do grupo socialista polo futuro do persoal de Setex Aparki

15/01/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, amosou esta mañá a preocupación do grupo municipal socialista polo persoal de Setex Aparki e sobre como se está a desenvolver o proceso da ORA e do guindastre. Para o concelleiro, que anunciou a presentación dun escrito interesándose sobre esta cuestión, ao feito de ter estado prestando un servizo durante dous anos por decisión do goberno malia o contido da sentenza, súmase a entra en vigor no mes de marzo da nova Lei de Contratación do Sector Público.
O concelleiro explicou que no artigo 120 desa lei desaparece a posibilidade de que nos pregos de condicións se incorpore a obriga de subrrogación do persoal. Isto tradúcese, como dixo Reyes, en que aínda que o Concello incorporase nos pregos iso, a empresa podería negarse.
Así mesmo, informou de que habería dúas opcións para facelo: que se cumpra o que di o artigo 44, é dicir, que se dea unha sucesión de empresas (o que neste caso non está nada claro), ou que o convenio colectivo incorpore dita obriga. Como dixo, neste caso si que o contempla, pero existe un problema, que non é outro que o feito de que o remate da relación contractual de Setex foi legalmente hai dous anos. Así as cousas, podería acontecer que, no caso de que non sexa municipalizado o servizo (coa municiapalización habería as limitacións que establece a lei e os orzamentos estatais en vigor, os de 2017), a empresa concesionaria plantexara que non ten que asumir ese persoal.
Por todo iso, os socialistas veñen de presentar unha pregunta ao goberno de Compostela Aberta, interesándose polas previsións que teñen a este respecto.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org