Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Reyes reclama o desglose dos procedementos negociados con e sen publicidade de 2016 e esixe que se faga para a liquidación de 2017

25/01/2018

O concelleiro socialista Paco Reyes denunciou esta mañá en rolda de prensa os incrementos producidos das contías relativas a contratos menores e por procedemento negociado sen e con publicidades referidas a 2016 -os datos de 2017 non se coñecerán ata aprobar a Liquidación, aló polo mes de marzo-, reflexados na propia web municipal. A este respecto, anunciou que o seu grupo pedirá ao goberno local que desglose estes datos, así como que o teña en conta con vistas a 2017. De feito, asegurou o edil que se a contía de 2016 fora sen publicidade, o incremento deste tipo de contratos sumados aos contratos menores (ou sexa, a dedo), terían un incremento do 54% con respecto a 2015.
Paco Reyes tamén criticou a diminución máis que importante dos contratos por procedemento aberto, que baixaron máis de catro millóns de euros en 2016 con respecto a 2015.
Pola contra, a contía dos contratos menores incrementáronse en medio millón de euros (foron un total de 461 e unha contía de 4.264.058,19 euros), e os negociados en 100.000 (todos os datos son de 2016 e en comparación cos de 2015).
Para o voceiro socialista, estas cifras, que se poden consultar na páxina web do Concello, evidencian que existe unha suba sustancial da contratación sen publicidade. A este respecto, lembrou a moción que levaron os socialistas a pleno o pasado mes de setembro, na que solicitaba que se adoptasen unha serie de medidas e recomendacións sobre os contratos menores; moción que non prosperou porque CA votou en contra e PP e BNG abstivéronse. Como dixo Reyes, o acordo dicía que se os contratos menores e subministros superiores a 3.000 euros e os de obras superiores a 10.000 se publicasen no perfil do contratante coa información relativa ao proceso de licitación antes de adxudicación, así como que nos procedementos negociados sen publicidade o goberno trasladase aos grupos da oposición os nomes das empresas convidades xunto co das que renunciasen a participar no proceso.
Estas recomendacións, como lembrou o voceiro, son da UE, polo que tamén criticou que o PP denuncie o incremento dos contratos menores, pero logo non apoie este tipo de iniciativas.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org