Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Nova solicitude do anteproxecto e dos informes da EDAR do Souto por parte do senador socialista Ángel Mato Escalona

06/02/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, anunciou esta mañá que o seu grupo está a espera de coñecer a resposta do Goberno central á pregunta formulada hai xa un mes e medio por parte do senador do PSOE pola Coruña, Ángel Mato Escalona, respecto da EDAR do Souto. O concelleiro agredeceu ao responsable socialista esta iniciativa, que se vén sumar ás levadas a cabo para coñecer o anteproxecto por parte dos deputados no Parlamento Galego o no Congreso.

Moitos meses teñen pasado dende que os representantes socialistas nas diferentes administracións comezaron o que semella se ten convertido nunha misión imposible: a de coñecer o anteproxecto da EDAR do Souto. A última, a solicitude de informe rexistrado no Senado por parte de Ángel Mato o día 21 de decembro de 2017, reclamando do Goberno central "en soporte dixital o anteproxecto da EDAR do Souto, así como os informes recabados das distintas administracións no expediente administrativo".
Paco Reyes agradeceu ao senador esta iniciativa, que agarda sexa respostada á maior brevidade posible, ao tempo que lembrou que a obra, fundamental para Santiago e comarca, segue a ter a espada de Damocles enriba ante a posibilidade de perder de novo as axudas da Unión Europea e, polo tanto, que a súa execución teña que ser sufragada pola veciñanza de Compostela.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org