Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Os socialistas presentan un rogo instando ao goberno local a requerir a Viaqua que subsane as deficiencias detectadas na zona de Área Central, con constantes inundacións

08/02/2018

O grupo municipal socialista presentará no pleno deste mes un rogo solicitando ao goberno municipal que requira á empresa Viaqua para subsanar as deficiencias detectadas na contorna de Área Central coa fin de evitar as continuas inundacións que está a padecer a veciñanza e o perigo que isto conleva para o tráfico.

Segundo explican os socialistas, na zona de Área Central están a producirse nos últimos anos episodios de inundacións e empozamentos de aguas co conseguinte perigo para o tráfico e os bens persoais, así como para os usuarios dos garaxes do centro comercial.
A este respecto, afirman que o grupo ten coñecemento de que a empresa Viaqua realizou inspeccións nas que detectaron deficiencias importantes na rede municipal, nomeadamente no regato que cruza o parque de Fontiñas e que remata entrando na rede municipal de pluviais, ou nos sumidoiros da rúa Berlín e Lisboa -ambos situados en zonas nas que non recollen moita auga, polo que discorre superficialmente cara o carril de circulación dirección Concheiros-. Ademais, os socialistas subliñan que a acometida do garaxe do sector Sueste do centro está a sofrir constantes inundacións, e incluso en momentos de choivas abundantes saen augas pluviais, así como a rampa de acceso Oeste cunha conexión dunha baixante de pluviais conectada ao tramo de saneamento existente.
Dado que o goberno non contou este ámbito como punto negro prioritario en caso de inundacións para levar a cabo obras de mellora, o grupo socialista presenta este rogo.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org