Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes reclama a recuperación da Policía de Barrio para mellorar a seguridade na cidade

05/03/2018

Cos datos na man que constatan que Santiago ten incrementado os seus indicadores de criminalidade, o voceiro socialista, Paco Reyes compareceu en rolda de prensa para reclamar unha serie de medidas, que van dende reclamar un maior número de fectivos, tanto da Policía Nacional como da Local, ata recuperar a Policía de Barrio. Para Reyes, o alcalde, como máximo representante institucional o como responsable último da Policía Local, debe ser o que leve a cabo as xestións necesarias para acadar estas reclamacións.
Para o concelleiro, é sorprendente que o concelleiro desta área diga que lle chama a atención que se rexistren eses datos, cando "debera ter información diaria". Reyes tamén criticou, a este respecto, que o edil non comparta coa oposición os datos de que dispón, polo menos cada dous meses, facendo gala "desa transparencia e desas paredes de cristal das que tanto falaba Compostela Aberta en campaña electoral".
Paco Reyes apuntou que o problema existente na actualidade en materia de seguridade no é unicamente a falta de efectivos, un total de 64 no caso da Policía Nacional, senón que o feito de non ser gran comisaría -malia ser capital de Galicia, non ten categoría de grupo A, como si teñen as que son de capital de provincia- e de non contar cun grupo de intervención permanente tamén inflúen dun xeito notable. "E isto é un problema de relacións institucionais e, polo tanto, responsabilidade do alcalde", asegurou o voceiro socialista, que instou a Noriege a reunirse co ministro do Interior para revolver esta problemática.
En canto á Policía Local, Reyes denunciou que na actualidade haxa 137 axentes, cando coa norma autonómica na man o baremo é de 1,8 por cada 1.000 habitantes e, polo tanto, debería ter 175. "Na etapa de Bugallo chegamos aos 182 efectivos, polo que agora tentemos de, polo menos, cumprir a norma", apuntou o concelleiro, que preguntouse onde es´tá o Plan Director de Recursos Humanos que contemple a forma de ir contando con más efectivos.
Reyes lembrou que o responsable último da Policía Local -posto que non se pode delegar- é o alcalde, Martiño Noriega, ao que instou a manter reunións periódicas de seguridade como facía Bugallo.
E, como medida a poñer en marcha, o concelleiro apostou pola recuperación da Policía de Barrio, unha figura moi próxima á cidadanía, que se integra mellor nas diferentes zonas da cidade e que potencia as relacións dos axentes cos diferentes sectores -comercio, hostalería, entidades veciñais, etc.-. Para Reyes, urxe buscar solucións a un problema que existe. "Malia que Santiago segue a ser unha cidade segura, pensamos que temos que resolver unha serie de problemas que están enriba da mesa", dixo o voceiro do PSdeG-PSOE.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org