Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista pide ao pleno que inste á Xunta a instalar un ascensor no IES Rosalía de Castro

14/03/2018

O grupo municipal socialista leva ao pleno deste mes, previsto para mañá xoves, unha moción a través da que solicita instar á Consellería de Educación a iniciar, á maior brevidade posible, o procedemento de instalación dun ascensor no IES Rosalía de Castro-. Tal é interese e necesidade desta actuación, que a ANPA do centro ten solicitado a intervención ao inicio da sesión para abordar esta cuestión.
Como destaca a moción socialista, o IES Rosalía de Castro é un centro público de referencia na cidade e conta na actualidade con arredor de 1.500 rapaces e rapazas. O edificio que acolle o centro, situado xunto a Alameda, data do século XVII e ao longo da súa historia se foi adaptando ás necesidades educativas e en 1994 construiuse o polideportivo e o salón de actos.
Aínda que as administración teñen feito sempre un especial esforzo na conservación e rehabilitación do inmoble, o certo é que, segundo denuncian os socialistas, a accesibilidade segue a ser a materia pendente.
De feito, a ANPA do IES Rosalía leva anos reivindicando a eliminación de barreiras para persoas con problemas de mobilidade, sendo esta unha prioridade para alumado, asociación de nais e pais e para a propia dirección do centro.
Por iso, o grupo socialista reclama á Xunta que inicie o procedemento de instalación dun ascensor neste centro, tendo constancia de que houbo alumnado que quedou sen matricular, malia vivir nas súas proximidades, por carecer de ascensor, ou que cando algún rapaz ou rapaza por motivos circunstanciais non pode acceder aos andares superiores, teñen que trasladar as aulas, co trastorno que iso provoca.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org