Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes pide que se fagan informes e análises serias sobre os pisos de uso turístico e reclama que o goberno escoite a todas as partes

26/03/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, cre que o goberno local, debe optar por un termo medio no que se refire aos pisos de uso turístico e, nesta liña, apostou por escoitar a todas as partes, incluida a asociación que aglutina aos propietarios destas vivendas. O edil utilizou unha frase de Noriega, a de que "a realidade é poliédrica", para amosar a postura do seu grupo, considerando que é necesario realizar informes e análises serias, que recollan estudos diversos -os que defenden esta opción e os que non a comparten- para levar a cabo un regulamento que o PSdeG cre necesario e que debe situarse nun termo medio.
Paco Reyes referiuse a un informe de Incolsa para destacar que "nos da razón" nalgunhas das súas aseveracións, como que se ten reducida a estadía media -pasou de 2,2 noites en 2009/10 ás 1,67 da actualidade- ou que tamén baixou o gasto por turista e día. tamén di que non existen estudos que avalíen o impacto das vivendas de uso turístico en Santiago.
Fronte a isto e as teorías que din que estes pisos provocan un incremento dos alugueres ou que botan á veciñanza dos cascos históricos, Reyes axplicou informes dalgunhas das cidades pioneiras nesta modalidade de aloxamento turístico. Así, citou o caso de Barcelona, con estudos que din que o incremento dos prezos dos alugueres débese á maior poboación, e que mesmo por este incremento de habitantes se teñen reducido os pisos turísticos en favor dos alugueres tradicionais.
No caso concreto do impacto en Santiago, o concelleiro destacou que, ademais de completar as rendas familiares, un tercio do gasto dos turistas é para os comercios de proximidade, que un tercio de todos os turistas non viaxarían de non ter a oportunidade de aloxarse neste tipo de vivendas, e que xeneran emprego -case o 50% teñen a unha persoa ao cargo e outro tanto a unha persoa para a limpeza- e moven a economía da cidade -tres de cada catro vivendas realizan reformas e mercan mobiliario-. Así mesmo, o número de noites é maior que nos hoteis convencionais, tal e como recolle o propio informe de Incolsa, pasando das 1,67 noites ás 2,68.
Reyes pensa que cabe o regulamento destes pisos, tendo en conta todas as posturas e todos os informes. A este respecto, os socialistas queren saber cantas solicitudes de pisos de uso turístico ten o Concello dende 2015 e, a maiores, cantas son dende a moratoria.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org