Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Gonzalo Muíños esixe ao goberno local a celebración da Volta Ciclista da Ascensión, que non se ten previsto levar a cabo por segundo ano consecutivo

17/04/2018

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños anunciou en rolda de prensa a presentación nesta mesma xornada dunha moción pola vía de urxencia, unha vez que se ten coñecemento de que, por segundo ano consecutivo, non se vai celebrar a tradicional Volta Ciclista da Ascensión. Trátase dunha proba, como destacou o edil, cunha fonda tradición na cidade -con 18 edicións-, e que semella que non se vai desenvolver porque o clube que sempre se encargou da súa organización, o Club Ciclista Muebles Compostela -con máis de 35 anos de vida-, non chegaou a un acordo co Concello.
A través desta moción, que será debatida pola vía de urxencia o xoves, os socialistas queren coñecer de boca da concelleira responsable desta área, Noa Morales, as razóns polas que non se vai celebrar, por segundo ano consecutivo, esta proba. Gonzalo Muíños criticou que un partido como Compostela Aberta, que se vendeu como abandeirado do deporte base e minoritario, deixe sen desenvolver esta cita deportiva tan relevante, con 80 rapaces con ficha neste clube e máis dun cento de participantes.
Ó concelleiro lamentou que se tomara esta decisión, asegurando que "é como se quitan as casetas do polbo porque é moi caro", ao tempo que destacou que aínda se está a tempo de que o Concello mude a súa posición, ben a través do convenio que ten reservado con esta entidade para 2018 de 12.000 euros para diferentes actividades deportivas, ou ben a través da propia concellería, que conta cunha partida de 175.000 euros para diversas iniciativas. "O ano pasado tiñan 140.000 euros para actividades e gastaron 50.000 no Día de Deporte, dos que, sorprendentemente, uns 11.000 foron para pagar a unha comisión que tiña como función decidir onde se ían celebrar as actividades desa xornada", dixo Muíños.
GALA DO DEPORTE
Preguntado ao respecto, o concelleiro do grupo municipal socialista lembrou que a súa formación leva presentado neste mandato dous rogos en pleno sobre a non celebración da gala do deporte, unha cita moi relevante para recoñecer o traballo desenvolvido polos deportistas locais das diferentes modalidades e categorías deportivas, especialmente de base.
Gonzalo Muíños lembrou que en cada ocasión, Morales respostou que si que ía celebrar a Gala, mais a realidade está aí e non se ten levado a cabo.
"O peor non é que me minta a min, senón que minta aos clubes e deportistas que queren que se celebre unha gala que supón un recoñecemento a nenos e nenas do deporte base", dixo o edil, que informou de que no grupo socialistas se teñen recibido queixas de clubes e entidades locais ao respecto.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org