Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista reclama o remate do enlace norte da N-550 coa AP-9 e o desenvolvemento do sector norte do orbital

18/04/2018

O grupo municipal socialista rexistrou unha proposición, que se debatirá mañá no pleno ordinario, solicitando ao Concello a instar ás administracións autonómica e central a rematar o enlace norte da N-550 coa AP-9 no ámboto das áreas industriais e empresariais de Santiago (coñecido como orbitaliño) e o desenvolvemento do sector norte do orbital.
Esta iniciativa, afirmou o voceiro, Paco Reyes, en rolda de prensa, vai na liña na que traballan os socialistas, a de "construir cidade" presentando iniciativas que abordan, como é o caso, cuestións pendentes que teñen que ver cos accesos ás áreas industriais e empresariais de Santiago, un asunto fundamental, para Reyes, de cara a acadar a diversificación que precisa Compostela.
Nomeadamente, o grupo socialista propón ao pleno que se inste a Xunta e Goberno central a impulsar e desenvolver o remate do ramal de acceso á area empresarial da Sionlla (orbitaliño) e a súa conexión coa estrada N-550 e coa autoestrada AP9 mediantes os correspondentes enlaces viarios; a execución do ramal do Plan sectorial da rede viaria de Santiago, Ames e Teo (orbital) entre a AP-9 e a autoestrada de Lavacolla (A-54) no seu enlace de San Marcos; a execución da ampliación da capacidade da AP-9 entre o seu actual enlace Santiago Norte e o novo enlace do orbital máis ao norte e a correspondente liberación de peaxe no tramo entre ditos enlaces; e a planificación e desenvolvemento do Tramo IV do Cinto Oeste previsto no Plan Sectorial da rede viaria de Santiago, Ames e Teo, entre a estrada provincial DP-0701 Santiago-Portomouro e a nacional N-550 A Coruña-Tui.
Paco Reyes destacou que na actualidade o tramo coñecido como orbitaliño non vai a ningures e que, coa ampliación ata A Sionlla conectaría coa autoestrada de Lavacolla e, facendo o mesmo para o outro lado a través do enlace de Formarís (rotonda que, como lembrou o voceiro, foi unha alegación realizada no seu momento polo entón alcalde, Sánchez Bugallo, e aceptada polo que era titular de Fomento, José Blanco), se facilitaría o acceso á N-550 e, polo tanto, a conexión de todas elas.
O concelleiro afirmou que esta proposición debería ser aprobada por unanimidade, xa que se trata de actuacións estrtaéxicas para a cidade, e que, polo tanto, non deberían ser politizadas.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org