Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista manterá unha xuntanza coa Deputación para abordar a construcción da senda peonil entre A Peregrina e O Romaño

18/04/2018

O grupo municipal socialista manterá proximamente un encontro cos responsables da Deputación Provincial para abordar a construcción, por parte da institución coruñesa, dunha senda peonil entre A Peregrina e O Romaño. O concelleiro Gonzalo Muíños trasladouse está mañá á parroquia para manter un encontro coa veciñanza que reclama esta actuación dende hai anos.
A estrada Santiago-Trazo (DP-7804) é de titularidade da Deputación da Coruña, polo que o grupo municipal socialista xa se puxo en contacto co deputado responsable da área de Obras para, á maior brevidade posible, manter unha xuntanza na que abordar a execución dunha senda de algo máis dun kilómetro que unirá o núcleo da Peregrina co Romaño. Precisamente neste último luegar é no que se atopa a parada de autobús.
A veciñanza, que leva anos reclamando esta intervención, puxo de manifesto no encontro co concelleiro socialista Gonzalo Muíños, celebrado esta mañá na parroquia da Paregrina, a perigosidade do tramo que deben percorrer cada día ata a parada do autobús, cunha importante intensida de tráfico e cos vehículos circulando a bastante velocidade.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org