Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista pregunta ao goberno local sobre o tempo medio de espera na tramitación de licenzas urbanísticas

19/04/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, anunciou esta mañá en rolda de prensa a presentación dunha serie de preguntas por escrito ao goberno local de Compostela Aberta interesándose pola demora que se ten denunciada por cada vez máis veciños e veciñas e mesmo asociacións con respecto á tramitación de licenzas urbanísticas. A última, a que lles comunicaron os representantes de Compostela Monumental nunha reunión celebrada esta mesma semana, na que falaron de esperas de máis dun ano, mesmo en licenzas menores.
O concelleiro informou de que o seu grupo municipal presentará unha batería de preguntas para a súa resposta por escrito por parte de Compostela Aberta. Nomeadamente, preguntan os socialistas polo número de solicitudes que houbo por ano dende que CA está ao fronte do goberno local; polo tempo medio de espera para obter licenza -e, neste punto, o mínimo e o máximo rexistrado ata o momento no actual mandato-; así como cal é a moda, ou sexa, a espera máis frecuente por parte das e dos solicitantes.
Para Reyes, sorprende que na "situación de parálise no sector da construcción" existan este tipo de demoras, o que, dun xeito específico, non ten sentido en zonas na que a rehabilitación ten unha especial importancia, como é o casco do casco histórico. Aínda así, os socialistas agardan coñecer os datos oficiais para avaliar a situación real na que se atopa a concesión de licenzas urbanísticas,

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org