Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes afirma que a baixada significativa do turismo durante a Semana Santa neste ano con respecto ao anterior resposta á falta de promoción polo goberno local

25/04/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar os datos oficias (Instituto Nacional de Estadística) relativos ao turismo de marzo deste ano. O edil realizou unha comparativa con respecto a abril de 2017, xa que son os meses nos que se celebrou a Semana Santa (en 2017 foi en abril e este ano en marzo).
Malia recoñecer que o cambio de mes pode afectar negativamente aos datos deste ano, o certo é que Santiago presente os peores datos, e nalgúns casos con moita diferenza co resto das cidades histórico monumentais españolas.
Estas baixadas débese fundamentalmente, segundo Reyes, a que en Santiago non se aposta pola promoción do turismo, dun xeito especialmente marcado nos días de Semana Santa.
"Non houbo programación cultural nin lúdica en paralelo ás procesións", dixo o concelleiro socialista, que sinalou que se ben é certo que o mal tempo pode afectar ás procesións, nada ten que ver con actividades tales como concertos ou óutro tipo de iniciativas.
Por iso, Reyes cre que os datos turísticos son moito peores que os rexistrados noutras cidades histórico-monumentais. "E iso que en marzo había sobre un 7% menos de prazas ofertadas con respecto a abril de 2017", apuntou.
Estas diferenzas "abismais" afectan, por exemplo, ao grao de ocupación por habitación, que baixou un 31% (en 2017 foi do 55,8% e en marzo de 2018 do 38,5%), ou o 39% menos de ocupación en fin de semana (66,6% en abril de 2018 e 40,7% en marzo de 2018). En canto ao número de viaxeiros, rexistrouse unha baixada do 24,8% nos españois e do 61% dos estranxeiros -no resto das cidades tamén houbo baixadas, pero non tan pronunciadas, e mesmo nalgunha, como Sevilla, produciuse un incremento de preto do 10%-. Sobre as pernoctas, os datos tampouco son mellores, posto que se produciu unha baixada do 14,3% no caso de turistas españois, e do 58,2% dos estranxeiros. Neste caso, as cidades históricos monumentais baixaron, pero menos, con casos como Córdoba, con incrementos.
Finalmente, o persoal empregado neste sector, un dos máis importantes da economía local, tamén caeu, nomeadamente nun 3% en marzo de 2018 con respecto a abril de 2017.
O ùnico dato positivo desta comparativo, segundo informou Paco Reyes, é o relativo á estadía media, que se situou en marzo deste ano en 1,94 noites, mentres que en abril de 2017 foi de 1,72 noites.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org