Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Reyes critica que as obras da variante da Aradas non inclúan a execución da rede de abastecemento de auga

25/04/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, criticou esta mañá, no marco da visita da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, ás obras da variante de Aradas, que este proxecto finalmente non inclúa a execución da rede de abastecemento de auga, unha obra moi demandada pola veciñanza e que si se contemplaba no proxecto orixinal.
Paco Reyes acudía a este acto en representación do grupo municipal socialista, que foi precisamente o que presentou a pleno de febreiro de 2017 unha proposición reclamando esta intervención, que foi aprobada por unanimidade.
Para o edil, que a Xunta non atenda esta demanda veciñal non ten explicación, posto que ademais de estar incluida no proxecto inicial -iso si, non orzamentado-, o custe é perfectamente asumible porque non pasaría dos 280.000 euros e hai que ter en conta que a adxudicación das obras da variante de Aradas fíxose por arredor dun millón e medio de auros menos que a cantidade orzamentada.
Reyes lembrou que o tramo de Barciela ata A Peregrina rexistra problemas de caudal e de presión de auga, xa que a rede da avenida Castelao só chega con suficiente forza ata O Romaño, ademais de ser unha zona das primeiras en eixar de recibir o subministro cando hai unha rotura. Deste xeito, o peche da rede municipal a través da variante permitiría o anelamento da zona noreste do casco urbano, posibilitando o desenvolvemento dos solos urbanos destas zonas por parte da veciñanza. Así mesmo, a actuación reclamada permitiría manter aos barrios de Vite e Vista Alegre o subministro de auga no caso de roturas.
En total, é un tramo de 1.350, xa que o que si están orzamentadas son dúas canalizacións na zona das rotondas, unha de 35 metros e outra duns 135.
Reyes lembrou que esta reclamación foi obxecto dunha proposición do grupo socialista, sometida a votación do pleno en febreiro de 2017 e aprobada por unanimidade.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org