Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Patricia Vilán e Paco Reyes alertan do problema "aparente" do vertedoiro de Grixoa para a saúde e o medio e reclaman implicación ás administracións

14/05/2018

"Estamos ante un problema para a saúde e o medio aparente e esiximos implicación ás administracións competentes: Concello e Xunta". Así se manifestou esta mañá a deputada socialista Patricia Vilán, que xunto co voceiro deste grupo municipal, Paco Reyes, compareceron en rolda de prensa para falar das diferentes iniciativas presentadas polo PSdeG dende a primeira reunión mantida coa plataforma veciñal que vén denunciando diversos problemas no vertedoiro de Grixoa. Os dous responsables políticos destacaron que as dúas preocupacións máximas se refiren ao impacto dos metais pesados na saúde, e os efectos de ditos metais no regato que discorre por esta zona.
Nunha rolda de prensa, os dosu socialistas, que destacaron a colaboración e relacións especialmente fluídas que existen entre grupo municipal e grupo parlamentario socialista, deron conta das iniciativas que se levan desenvolvendo dende que, hai menos dun ano, se produciu a primeira reunión entre os veciños afectados por este vertedoiro e os representantes deste partido no Parlamento de Galicia.
Como explicou Paco Reyes, no último encontro, a plataforma amosou a súa especial prepcupación en dous aspectos: o impacto dos metais pesados, como mercurio ou arsénico, que se van fixando neste complexo ambiental e que, segundo os niveis de incidencia, poden xerar problemas na saúde, e sobre os efectos que ditos metais poden ter no regato que discorre por esta zona.
Así, estas demandas foron postas en coñecemento do grupo parlamentario que, como informou a deputada responsable desta área, Patricia Vilán, impulsou diverdas iniciativas, das que xa deron conta hai uns meses; entre outras, a propia solicitude da Xunta á UTE dun informe sobre cheiros, ruidos e lixiviados, que levou ao grupo parlamentario socialista a rexistrar dúas peticións de información, con data 24 de marzo sobre precisamente o impacto medioambiental e na saúde que ten esta actividade. Dita solicitude aínda non obtivo resposta -hai 60 días para respostar, polo que o prazo remataría a finais do presente mes-, polo que, no caso de que non se reciba contestación ou ben mesmo non existan informes ao respecto, a deputada anunciou que se reiterará a pregunta ou se tomarán outras medidas posibles.
Ademais, Vilan lembrou que a Xunta fixo un estudo olfatométrico, do que tamén o PSdeG pedirá copia, xa que os cheiros afectan moito á contorna de Miramontes.
"A Xunta ten moito que dicir sobre este problema", asegurou a parlamentaria socialista, que engadiu que "o problema é grande e a preocupación é moita".
Paco Reyes anunciou que a plataforma recibirá copia da solicitude de toda a información formulada polo grupo socialista. "Este partido e, nomedamente, estes grupos, cumprimos cos compromisos adquiridos coa veciñanza", dixo.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org