Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes cualifica como "tres anos perdidos" o período de mandato de CA e acusa ao goberno de falta de consenso coas administracións e coa propia corporación

24/05/2018

Facendo referencia a unha frase de Winston Churchill -"é o final do principio"- o voceiro socialista, Paco Reyes, iniciou o balance destes tres anos de goberno, na data na que se cumpren tres anos das eleccións municipais de 2015. A un ano de rematar o mandato, o concelleiro asegurou que o seu grupo pensa que para os grandes temas e proxectos estratéxicos, foron "tres anos perdidos", e acusou a Compostela Aberta de falta de proxecto de cidade, de transparencia, de xestión, de mantemento e de consensos, tanto co resto das administracións como cos grupos da corporación.
Cando se cumpren tres anos das eleccións de 2015 que levaron a Compsotela Aberta á Alcaldía de Santiago, o edil socialista Paco Reyes fixo un balance deste período, un mandato no que CA estase a adicar, fundamentalmente, a "tratar de resolver os moitísimos problemas que eles mesmos xeneran". Problemas cos comedores escolares, garderías, ORA e guindastre, centros socioculturais, atención a domicilio, escola de música, banda de música ou o matadoiro son só algúns exemplos destes problemas, creados polo propio grupo de goberno, ao que, ademais, acusou de falta total de transparencia malia ser un dos supostos puntais do seu ideario cando concorreron aos comicios de maio de 2015.
Outros dos principais problemas do grupo de goberno, segundo os socialistas, pasa por non acadar ningún consenso, nin co resto das administracións -o que está a pagar a cidade, con "desfeitas" como a intermodal- nin coa corporación. O acontecido co convenio da EDAR, que "mal" negociou Noriega con Xunta e Goberno central e logo levou ao pleno sen acadar acordo antes para "facer unha pantomima, rexeitar o seu propio traballo e ao día seguinte presentar outra proposta", é un claro exemplo desta incapacidade do equipo de Compostela Aberta.
E, como xa fixo en anteriores ocasiones, Reyes denunciou a falta de mantemento e xestión nas que leva a cidade dende hai anos.
Finalmente, Reyes puntualizou que, se ben é certo que neste mandato normalizouse a situación da corporación, despois do acontecido nos gobernos dos catro anos anteriores do PP, débese ao comportamente de todos e cada un dos grupos que forman parte de dita corporación, e non é mérito de CA.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org