Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista pide a Compostela Aberta unha memoria de actividades e da autoxesión da Casa do Matadoiro

28/05/2018

O grupo municipal socialista rexistrará unha solicitude por escrito solicitando a Compostela Aberta unha memoria de actividades e de autoxesión da antiga Casa da Xuventude, agora denominada O Matadoiro. O voceiro socialista, Paco Reyes, asegurou que o seu grupo non se opón, a priori, ao modelo de autoxestión do espazo, mais "isto non ten que estar reñido coa transparencia, control e rendición de contas".
O concelleiro lembrou en rolda de prensa que no último Consello de Relacións Veciñais, en decembro de 2017, o edil socialista Gonzalo Muíños xa preguntara pola elaboración dun convenio entre o Concello e as asociacións implicadas -como así acontece noutros municipios- e entón Jorge Duarte dixera que dito convenio estaría redactado e asinado a principios deste ano.
Pasados cinco meses de 2018, e ante a ausencia de información, os socialistas solicitan por escrito unha memoria das actividades que se teñen feito, as asociacións que teñen a chave do edificio e as persoas autorizadas, os custes derivados do funcionamento do centro e como se pagan os gastos das iniciativas e do mantemento deste espazo. "Unha cousa é a autoxestión, que non nos parece mal, pero con transparencia, control e rendición de contas", afirmou Paco Reyes, que se referiu a La Ingobernable de Madrid como exemplo de transparencia. Así, amouso aos medios a memoria que fan con todas as actividades que fan ao longo do ano, así como informan de todos os gastos e a forma de xestión.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org