Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista visita acompañado polo deputado Antonio Leira a estrada DP7804, que será obxecto dunha importante obra de mellora con máis de 1,6 millóns de investimento

31/05/2018

A estrada DP7804, no tramo comprendido entre o núcleo de Miramontes e a intersección coa DP0701 -3,5 quilómetros en total-, vai ser obxecto dunha das obras máis importantes de todas as executadas pola Deputación en toda a provincia. Así o aseguraron o deputado Antonio Leira e o voceiro socialista, Paco Reyes, no encontro cos medios que celebraron nun dos puntos que vai ser obxecto desta actuación de mellora da estrada: a nova ponte sobre o Gatofero, En total, a obra -que foi aprobada en dous proxectos- investiranse máis de 1,6 millóns.
O grupo socialista recollera a demanda veciñal de executar diversas melloras nesta estrada, e despois de reunións cos responsables da institución provincial, con Valentín González Formoso á cabeza, a Deputación asumiu a intervención, que repercutirá positivamente nos núcleos da Peregrina, Miramontes e Grixoa. Esta mañá. e despois de que o pleno provincial aprobara o 25 de maio por unanimidade todos os grupos o proxecto para o ensanche, mellora de trazado e do firme da estrada provincial DP7084 Val do Dubra-Santiago, entre os puntos quilométricos 18+690 e 22+223, visitaron a zona o deputado Antonio Leira, acompañado por técnicos provinciais, así como os concelleiros do grupo municipal socialista Paco Reyes e Gonzalo Muíños. Ademais destes kilómetros, a comitiva fixo unha parada na ponte sobre o Gatofero, que completará a actuación prevista -unha das de maior envergadura das impulsadas polo departamento de Vías e Obras da Deputación-, cun investimento adicional de 405.294 euros, que se suman aos 1,2 da actuación anteriormente citada.
Como explicou Leira, os traballos na ponte -aprobada en pleno en setembro- consistirán na demolición da actual, que ten unicamente seis metros de ancho e que, á vista do tráfico -e despois dunha curva moi perigosa- resultan insuficientes, e a construcción dun novo viaducto de doce metros de ancho, dos que nove serán de calzada e tres de beirarrúas -a ambas marxes-.
En canto ás expropiacións, tanto o deputado como o voceiro socialistas subliñaron que se serán a prezo de mercado e que para iso destínase unha partida importante, de máis de 345.000 euros, polo que agardan que este proceso non supoña ningún problema engadido á execución das obras. Por iso, a data de inicio da actuación, que se fará nunha única fase para "causar as menos molestias posibles", non se coñece aínda, mais será o antes posible. O prazo de execución é de doce meses, unha vez que comece.
Pola súa banda, Paco Reyes destacou que esta actuación xurde dunha iniciativa do grupo socialista en Santiago para garantir fundamentalmente a seguridade da veciñanza, nomeadamente da Peregrina, cunha proposta para mellorar o tránsito peonil e rodado, que foi asumida pola Deputación Provincial despois dunha reunión con González Formoso.
"Estamos falando dunha mellora nun tramo dunha estrada, que vai facer que sexa máis segura para os viandantes e tamén para os vehículos", dixo o concelleiro, que cualificou a obra como de "importantísima".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org